Home Pontevedra A transformación dixital do ensino galego duplicará en 2022 o seu orzamento,...

A transformación dixital do ensino galego duplicará en 2022 o seu orzamento, cun investimento de 58,6M€

- Anuncio -

— Román Rodríguez lembra que o seu departamento xestionará un total de 2.753M€, unha contía “récord” que permitirá afianzar “o impulso modernizador” do sistema educativo de Gallicia como referente de calidade, igualdade e equidade

A Xunta de Galicia vai multiplicar por dous as contías investidoras dirixidas a acadar o reto da transformación dixital nas aulas, tal en como se recolle nos Orzamentos da Comunidade Autónoma para o 2022, que contemplan unha partida específica de 58,6M€ para a Estratexia de Educación Dixital 2030.

A contía destinada a equipamentos, recursos e formación en competencias dixitais supón “máis do dobre” ca os 23,9 millóns contemplados nas contas do presente ano e blindará “o impulso modernizador e transformador” iniciado hai uns anos no sistema educativo galego, segundo asegurou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, con motivo da inauguración da décima edición do Salón de Oferta de Educación e Formación Profesional de Galicia que se celebra en Pontevedra.

No acto, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, Román Rodríguez deu conta do “orzamento récord máis alto da historia” de 2.753M€ que xestionará a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o vindeiro ano, cunha suba de máis do 20% nas partidas investidoras. Como explicou, isto permitirá seguir afondando nos eixos estratéxicos do seu departamento, entre os que se inclúe o deseño de accións planificadas para o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento para o conxunto da comunidade educativa.

FP como referencia de calidade
A isto hai que engadir tamén outras accións específicas vinculadas coas competencias lingüísticas, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co deseño dos novos espazos escolares poscovid tecnoloxicamente dotados, máis saudables e máis sostibles e o impulso do modelo galego de FP que é un referente de calidade e empregabilidade.

Precisamente no que atinxe á Formación Profesional, o conselleiro puxo en valor iniciativas como a cita xa consolidada do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, punto de encontro entre alumnos, profesionais do ensino, centros de formación e institucións educativas que se da cita en Pontevedra desde hoxe ata o venres.

Nesta décima edición, o salón reúne máis de 50 stands entre os que figuran os oito Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia, que permitirán achegar aos estudantes a oferta da FP galega ao longo de tres días nos que tamén terán lugar charlas, mesas redondas e obradoiros prácticos en torno á oferta académica.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas