Home Pontevedra O Concello de Salceda súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”

O Concello de Salceda súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”

- Anuncio -

O Concello de Salceda de Caselas súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”, unha ruta solidaria de apoio á investigación do Síndrome de Rett, que sairá do concello o vindeiro luns 25 de outubro e chegará de novo a Salceda o sábado 30 de outubro.

Esta iniciativa parte de 9 veciños de Salceda de Caselas afincados todos eles, por diversos motivos e coincidencias no barrio da Feira, e que se puxeron en contacto co Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona, para que os autorizase a levar a cabo a iniciativa, e así recadar fondos para investigación do Síndrome de Rett.

O síndrome de Rett é un trastorno xenético neurolóxico e do desenrolo pouco frecuente, que afecta a forma en que se desenvolve o cerebro, e que causa pérdida progresiva de habilidades motoras e da fala, afectando principalmente a nenas.

Estos nove amigos e veciños de Salceda queren percorrer preto de 1500 quilómetros entre Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias, saíndo de Salceda de Caselas o luns día 25 de outubro, visitando os concellos de A Rúa, La Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín, e chegando de novo a Salceda o sábado día 30 de outubro. Serán máis de 25 horas de rodaxe esperando que cada quilómetro percorrido axude a difundir e a recadar o máximo posible para esta nobre causa.

No hospital Sant Joan de Déu Barcelona, co que colaboran, lévase a cabo a investigación de moitas enfermidades raras ou pouco comúns, entre elas está a línea de investigación do Síndrome de Rett, para a cal se destinará toda a recadación desta aventura de “Kilómetros de investigación”.

A presentación celebrouse hoxe xoves diante da casa do Concelllo, onde os organizadores estiveron acompañados polo equipo de goberno e pola veciñanza que quixo acercarse a dar todo o seu apoio a esta causa.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas