Home A Coruña O Concello pon unha vivenda ao servizo das familias con menores en...

O Concello pon unha vivenda ao servizo das familias con menores en tratamento oncolóxico

- Anuncio -

Inés Rey entregoulle hoxe as chaves á Asociación ASANOG como parte do compromiso do Goberno local co labor que prestan as entidades sociais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entregoulle esta mañá as chaves dunha vivenda situada na rolda de Outeiro a José María Fernández, presidente da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia
(ASANOG). A vivenda daralles servizo ás familias con menores que teñan que tratarse nos hospitais da cidade, o que lles evitará longos desprazamentos diarios ás familias e pacientes e facilitará o seu descanso. Esta iniciativa frutifica despois de que a alcaldesa adquirise este compromiso no programa solidario A Radio Conta. ASANOG é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 2012 a iniciativa dun grupo de familias de menores enfermos de cancro. A súa misión é contribuír a mellorar o estado desas nenas e nenos e das súas familias. Na actualidade, case un 40% dos novos casos de cancro en poboación infantil detectados en Galicia son diagnosticados no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Alí hai pacientes da área sanitaria da Coruña e Cee, pero tamén da de Ferrol e parte da provincia de Lugo.

“Hai menores que teñen que someterse a longos tratamentos na cidade. Moitas familias non poden pagar unha vivenda durante ese tempo, o que obriga ás familias e pacientes a longos desprazamentos diarios durante uns tratamentos nos que o repouso é esencial. Por iso decidimos dar este paso para lles axudar ás persoas en momentos especialmente duros para elas”, sinalou a alcaldesa Inés Rey, que estivo acompañada de Yoya Neira, concelleira de Igualdade e Benestar Social.

Este espazo municipal pasará a estar dispoñible para aquelas familias con nenas e nenos en tratamento oncolóxico na cidade que teñan dificultades para desprazarse diariamente ao hospital desde as súas localidades. Moitos destes/as menores sométense a tratamentos moi agresivos, polo que este piso servirá como refuxio durante esa etapa, tanto para as estancias ambulatorias como para os períodos máis longos.

A cesión desta vivenda a ASANOG contou tamén coa colaboración de Marineda City, que se encargou de amoblar e decorar o piso, e que estivo representada neste acto polo seu xerente, Roberto Vázquez. Tamén participou a artista Julia Ares, responsable do deseño da vaixela que se empregará na vivenda. ASANOG disporá deste espazo durante o próximo ano, coa posibilidade de ampliar esta estancia os tres seguintes.

Coa cesión desta vivenda a ASANOG o Concello da Coruña continúa amosando o seu firme compromiso coas entidades sociais e os seus proxectos na cidade. Foi o caso da cesión este mesmo ano do quiosco da praza de Ourense á Asociación Down Coruña, axudándolle á creación de emprego e á integración e contribuíndo, ademais, a recuperar un espazo emblemático.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas