Home A Coruña A Xunta recibe 5 ofertas para executar un novo muro de protección...

A Xunta recibe 5 ofertas para executar un novo muro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, en Cambre, que suporá un investimento de preto de 210.000€

- Anuncio -

― Trátase de actuar no noiro de sostemento da senda fluvial sobre a marxe esquerda da canle do río, acondicionando tamén o treito do itinerario soportado por este

― Esta nova intervención reforza os traballos de mantemento realizados polos servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia nese mesmo noiro, tras verse afectado polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do 2019

― A Xunta segue a colaborar co Concello, con quen ten asinado un acordo de mantemento da contorna do río Mero, cun investimento de case 160.000€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 5 ofertas para acometer a obra de execución dun novo muro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre.

As actuacións obxecto deste contrato, licitadas por preto de 210.000 euros, céntrase nos traballos necesarios para protexer o noiro de sostemento da senda fluvial de Ponte Peiraio, sobre a marxe esquerda da canle do río Mero.

As obras proxectadas por Augas de Galicia teñen por obxectivo a reconstrución do citado muro, protexendo o noiro e detendo a perda de material do terreo. Ademais, acondicionarase a senda fluvial, na que se reporá o pavimento con zahorra artificial.

A execución do muro levarase a cabo por bataches, atacándose o baleirado e construción de muro de dique por nichos alternos, de 2 metros de lonxitude máxima, de xeito que o material non escavado ou muro xa executado exerzan de contraforte para o sostemento do terreo.

Con esta intervención, Augas de Galicia, como organismo de conca con competencias na xestión do risco de inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, actúa para previr e paliar os efectos deste tipo de episodios.

Cómpre lembrar que os servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia levaron a cabo distintas actuacións de reforzo e mantemento neste mesmo noiro, tras verse afectado polas sucesivas frontes de choivas acontecidas en decembro do 2019.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue a colaborar co Concello de Cambre, con quen asinou o pasado ano un convenio de colaboración para o mantemento da contorna do río Mero, cun investimento autonómico de case 160.000 euros.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas