Home A Coruña A alcaldesa acepta a rectificación do accionista maioritario do Dépor e iniciará...

A alcaldesa acepta a rectificación do accionista maioritario do Dépor e iniciará os trámites para renovar o convenio nos termos actuais

- Anuncio -

Inés Rey chamou esta mañá ao presidente do Real Club Deportivo para retomar a relación entre ambas institucións

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acepta a rectificación feita pública pola dirección do RC Deportivo anunciando que o accionista maioritario desbota a súa pretensión inicial de obter a cesión do estadio durante 40 anos e acepta tamén a chamada cláusula de arraigo que desde un primeiro momento propuxo o Goberno local, renunciando tamén á explotación económica do estadio fóra da actividade deportiva. A alcaldesa valorou “moi positivamente a súa disposición a firmar o convenio para o uso gratuito de Riazor durante os próximos 25 anos nos termos propostos polo goberno, moi semellantes aos agora vixentes e que evitan calquer tipo de especulación co patrimonio público municipal”.

Inés Rey mantivo esta mesma mañá unha conversa do presidente do club, Ávaro García Diéguez, para retomar a relación entre ambas institucións. Rey lamenta que se teña privado á afección da merecida celebración en María Pita ao día seguinte do tan ansiado ascenso.

A alcaldesa celebra, en todo caso, o cambio de parecer do accionista maioritario do Dépor e que acepte finalmente as condicións que rexiron a cesión do estadio municipal durante os últimos 25 anos. A praza e o Palacio Municipal, indicou Rey, están abertas para acoller aos xogadores e ao cadro técnico para celebrar á volta do club ao fútbol profesional. O Concello, avanzou a rexedora, colaborará cos actos de celebración que se organicen como sempre fixo.

Rey avanzou tamén que de xeito inmediato iniciará os trámites para renovar o convenio de cesión nos termos do actual acordo, asinado no ano 2000 e con vencemento no 2025.

Relacionadas

O Concello réndelle homenaxe a Hematocrítico cunha exposición no seu cabodano 

0
A vicevoceira anunciou esta mañá a mostra, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti, do 5 de novembro ao 6 de xaneiro no Palexco  Nereida...

O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ ofrecerá en novembro e decembro obradoiros para familias e...

0
A cooperativa Rexenerando ten abertas as inscricións para as sesións, que arrancan en San Sadurniño o próximo luns O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ é un...

A Pobra amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo episodio de Dana

0
O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás...

Avanzan as obras para mellorar a accesibilidade nas paradas de autobús do Castrillón, onde...

0
O Concello ten previsto replicar esta iniciativa en paradas situadas nos barrios dos Mallos, Catro Camiños, Os Rosales, Labañou e Monte Alto O Concello traballa...

O Concello finaliza os traballos de pavimentación da pista que vai de Pontegrande a...

0
O Concello de Neda finaliza as obras de posta a punto da pista entre Pontegrande e Pename. A actuación, na que se investiron 46.257...

A Xunta investirá 6,1 M€ na Costa da Morte en materia de augas e...

0
— Ángeles Vázquez detalla que o vindeiro ano Augas de Galicia destinará 68,1 millóns de euros a iniciativas en materia de saneamento — Avanza que...

Publicacións Relacionadas