Home A Coruña A EASD Pablo Picasso, primeiro centro en participar nos obradoiros de ‘Viñetas...

A EASD Pablo Picasso, primeiro centro en participar nos obradoiros de ‘Viñetas desde a escola’

- Anuncio -

Gonzalo Castro: “O Viñetas é máis que un gran festival do cómic, tamén unha oportunidade de coñecer o noso talento local e que este ano queremos achegar tamén aos centros educativos dun xeito dinámico e divulgativo”

A seguinte cita será mañá no IES Fernando Wirtz, con alumnado de 3º da ESO. Faranse dúas sesións máis no IES Zalaeta e Durmideiras

O programa de obradoiros ‘Viñetas desde a escola’ comezou esta mañá na EASD Pablo Picasso, con medio cento de alumnos e alumnas que se achegaron á xornada. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, e responsable da área de Cultura, Gonzalo Castro, destacou a iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de dar a coñecer a importancia do festival entre a rapazada coruñesa. “O Viñetas é máis que un gran festival do cómic, tamén unha oportunidade de coñecer o noso talento local e que este ano queremos achegar tamén aos centros educativos dun xeito dinámico e divulgativo” explicou.

O programa conta con catro sesións previstas que serán impartidas pola autora Inés Vazquez, membro da plataforma Coruña Gráfica e gañadora do Premio Follas Novas 2022 pola súa obra ‘Aldara’. A seguinte cita será mañá no IES Fernando Wirtz, con alumnado de 3º da ESO. Realizaranse dúas sesións máis: o 14 de maio no IES Zalaeta, con alumnado do Club de Cómic e do Club de Lectura, que está a traballar a obra de Inés Vázquez; e o 20 de maio no IES Durmideiras, a última sesión do programa, á que asistirá o alumnado do bacharelato artístico.

Gonzalo Castro estivo acompañado por Manel Cráneo, director artístico de ‘Viñetas desde o Atlántico’. Ambos puxeron en valor o programa, coordinado entre o Concello e a dirección do Viñetas, para deslocalizar o festival do mes de agosto e trasladalo ao ámbito educativo. Tamén estiveron acompañados de Inés Vázquez, artista e docente no obradoiro; Xulio Carballo, mestre e coordinador do programa; e Elena Pardo, directora da Escola de Arte Superior e Deseño.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas