Home A Coruña A ‘Muiñeira do Século XII’ será a peza que se bailará no...

A ‘Muiñeira do Século XII’ será a peza que se bailará no XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organiza Xiradela

- Anuncio -

· Un total de 28 grupos de baile pertencentes 12 agrupacións daranse cita na tarde do vindeiro domingo 12 de maio no Paseo do Balneario de Arteixo bailar xuntos.

· “Pretendemos conseguir que as rúas estean cheas de bailadores e bailadoras e que a xente sexa consciente de que o folclore, neste caso a muiñeira, está moi vivo”, explica Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela.

· Participarán agrupacións chegadas da contorna como: A.F. Ancoradoira, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP Arteixo, CEIP Galán, Colexio Sagrado Corazón Franciscanas, Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos, A.C. Xacarandaina, A.C. Nemeth, Asociación Cultural Santa María de Torás, A.C. A Marola, Agrupación Folklórica Folliñas e A.X. Xiradela.

A 36ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que año tras año organiza la A.X. Xiradela, cambia este ano de mes e muda este tradicional encontro de xuño a maio. A cita terá lugar o vindeiro domingo 12 de a partir das 18:00 horas no Paseo do Balneario. A peza escollida para esta ocasión, e que executarán de xeito conxunto todos os grupos de baile, é a ‘Muiñeira do Século XII’.

O Día da Muiñeira de Arteixo suma, con esta, 36 edicións poñendo en valor esta peza tradicional e reunindo ao son deste ritmo a bailadores e bailadoras chegados de diferentes puntos da contorna. “Queremos pasar unha tarde chea de música, danza e desfrutando do noso”, comenta Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela que organiza un ano máis esta cita.

Nesta ocasión participan 12 agrupacións e un total de 28 grupos de baile. Estímase que ao redor de 300 persoas estarán bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público poderá seguir ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, polo que se agarda unha tarde con moito ambiente no concello arteixán. “Pretendemos conseguir que as rúas estean cheas de bailadores e bailadoras e que a xente sexa consciente de que o folclore, neste caso a muiñeira, está moi vivo e ten continuidade nas novas xeracións”, apunta Uxía Verdía.

A lista de agrupacións que farán parte do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo son:

A. F. Ancoradoira (1 grupo) (O Burgo)
CEIP Ponte dos Brozos (1 grupo) (Arteixo)
CEIP Arteixo (1 grupo) (Arteixo)
CEIP Galán (1 grupo) (Arteixo)
Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (3 grupos) (A Coruña)
Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos (6 grupos) (Betanzos)
Asociación Cultural Xacarandaina (1 grupo) (A Coruña)
AC Nemeth (5 grupos) (Carballo)
Asociación Cultural Santa María de Torás (2 grupos) (A Laracha)
A C A Marola (3 grupos) (Mera – Oleiros)
Agrupación Folklórica Folliñas (1 grupo) (Oleiros)
A.X. Xiradela (3 grupos) (Arteixo)

Cada grupo terá reservado un espazo concreto ao longo do Paseo do Balneario onde se irán colocando ao arranque do acto. Ata en tres ocasións bailarán estes 28 grupos a ‘Muiñeira do Século XII’ a un tempo. Cada un deles executarán os puntos e as voltas que elixiron para esta actuación. Entre cada un os tres pases haberá un descanso.

En esta cita dominical, organizada por la A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Mesturiña Galega.

A ‘Muiñera do Século XII’ de Xan Macías e Castor Cachafeiro

A peza que se vai bailar neste XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo chámase Muiñeira do Século XII. Fai parte do repertorio de Xan Macías e Castor Cachafeiro.

Xan Macías foi un gaiteiro de Viana do Bolo que se trasladou para á Coruña onde formou parte dos Catro de Galicia. O nome elixírono debido a que cada un dos compoñentes procedían dunha das catro provincias galegas. Foron os predecesores do grupo Os cindo de Galicia.

Xan Macías emigraría máis tarde desde A Coruña a Venezuela ondo tocou na Irmandade Galega de Caracas con Castor Cachafeiro (un dos gaiteiros de Soutelo).

Foi alí onde aprendeu esta Muiñeira do Século XII.

Ao final da cita as asociacións participantes recibirán un detalle en lembranza pola súa participación no XXXVI Día de la Muiñeira de Arteixo. Tamén se repartirá unha merenda aos bailadores e bailadoras participantes.

QUEN SOMOS

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por un lado difundir o noso traballo, e por outro, axudan a promover a socialización dos rapaces con xente doutras asociacións.

Comezamos impartindo a actividade de baile tradicional, e despois ampliamos ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posibles coa máis pura tradición galega.

Ademais do concurso de música, dende o ano 1987 e de xeito continuo vimos celebrando o Día da Muiñeira en Arteixo. Trátase dunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore. No caso do Concurso de Música Tradicional é un acontecemento que nacía no ano 2000 coa intención de promover a participación das escolas de música tradicional para que a mocidade puidese ter máis actuacións e relacionarse entre si, facilitando de este xeito o coñecemento da nosa cultura.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas