Home A Coruña A Real Academia Galega presenta este venres en Muros o volume da...

A Real Academia Galega presenta este venres en Muros o volume da colección Terra Nomeada sobre a toponimia do concello

- Anuncio -

· Alfonso Blanco Quintela, profesor do IES Fontexería, analiza os 105 nomes da toponimia maior de Muros e sete máis da menor

· A presentación terá lugar o venres 15 de marzo ás 19:30 horas na antiga fábrica de Sel

A antiga fábrica de Sel acollerá o vindeiro venres 15 de marzo (19:30 horas) a presentación de Toponimia de Muros, un novo volume da colección Terra Nomeada asinado por Alfonso Blanco Quintela. O autor é profesor de latín e grego no IES Fontexería de Muros, dende o que vén realizando un amplo labor de divulgación sobre os nomes de lugar do municipio. Nesta obra afonda na orixe e no significado dos 105 nomes da toponimia maior de Muros e en sete máis pertencentes á toponimia menor.

No acto, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, Alfonso Blanco estará acompañado na mesa da presentación polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, Antón Santamarina; a presidenta da Asociación Galega de Onomástica e académica correspondente Luz Méndez; o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo; e a alcaldesa de Muros, María Lago Lestón.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia. O volume dedicado a Muros sae do prelo co apoio económico da Deputación da Coruña.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas