Home A Coruña A Xunta destinará máis de 283.000 euros a financiar a construción dun...

A Xunta destinará máis de 283.000 euros a financiar a construción dun Centro de Día Municipal en Toques

- Anuncio -

— Terá capacidade para atender a 25 persoas maiores

— A actuación forma parte dun Plan de investimentos de 18,5 millóns de euros que está a desenvolver o Goberno galego para fortalecer a rede de centros de atención ás persoas maiores que dependen dos concellos

A Xunta de Galicia financiará máis do 80% das obras do futuro centro de día para as persoas maiores que proxecta o concello nunha parcela de propiedade municipal ocupada hoxe pola antiga escola. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde José Ángel Penas, visitou hoxe a instalación que acollerá este novo servizo, que xestionará o concello e cuxa construción subvencionará con máis de 283.000 euros o Executivo autonómico.
Esta actuación, que dotará a Toques de 25 prazas para o coidado de persoas maiores, forma parte do Plan de investimentos da Xunta para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Ao abeiro deste Plan, dotado de 18,5 millóns de euros e acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Goberno galego financiará unha vintena de proxectos.
Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou o reforzo que suporá o Plan de investimentos para as residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen das administracións locais. Non só en canto á mellora de instalacións, tamén implicará a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna. Un impulso histórico da Xunta á atención que reciben os maiores galegos.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas