Home A Coruña A Xunta impulsa máis de 14 proxectos de embelecemento turístico en 8...

A Xunta impulsa máis de 14 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do litoral da Comarca do Barbanza por 622.000€

- Anuncio -

— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega


— Entre as iniciativas beneficiarias inclúense melloras paisaxísticas de paseos marítimos, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización e APPs


— As axudas están incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral deseñado polo Goberno galego con fondos europeos Next Generation

A Xunta de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca do Barbanza foron beneficiarios un total de 14 proxectos en 8 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Estes proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 622.000 euros

Como se indica na resolución, que será publicada próximamente no Diario Oficial de Galicia e da que xa foron notificados os beneficiarios, inclúense 25 concellos da provincia de A Coruña, onde se levarán a cabo preto de 40 proxectos de embelecemento.

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Os destinatarios eran os concellos situados no litoral galego. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

O Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral que ten un plan de execución ata este ano 2024. Cun investimento global de 29,3M€ enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camino á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, así como a construción da senda do litoral de Galicia. Por outra banda, no marco deste Plan Territorial do Litoral as entidades locais están executando distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino.

COMARCA BARBANZA

CONCELLOOBXECTO AXUDAAXUDA CONCEDIDA
A POBRA DO CARAMIÑALPROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DE APARCADOIRO NA ALTA E RECUPERACIÓN PAISAXÍSTICA NO ENTORNO80.000,00 €
 BOIRORECUPERACIÓN DE SENDEIROS ENTRE PUNTOS DE INTERESE TURÍSTICO: SENDA RIO BREIRO-PRAIA DE MAÑÓNS80.000,00 €
 BOIROCOMPRA E INSTALACIÓN DE PANTALLA TÁCTIL DIXITAL NO PASEO MARÍTIMO DE BARRAÑA15.000,00 €
 BOIROMELLORA E ADAPTACIÓN DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA50.000,00 €
 CARNOTAAPP TURÍSTICA & CONTROL PARK15.000,00 €
 MUROSINFORMACIÓN DIXITAL ONLINE NA VILA DE MUROS13.394,70 €
 OUTESACTUACIÓNS DE EMBELECEMENTO E REXENERACIÓN PAISAXÍSTICA NO PARQUE DE VISTA ALEGRE. XUNQUEIRA DOS MUÍÑOS. O AREAL.80.000,00 €
 OUTESDIXITALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS DO LITORAL13.176,90 €
 PORTO DO SONACTUACIÓNS DE EMBELECEMENTO E REXENERACIÓN PAISAXÍSTICA NA ZONA DE AMARRES NO BORDE MARÍTIMO DO PORTO DE BOA79.999,98 €
 RIANXOPOSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL DO ESTEIRO DO ULLA A TRAVÉS DO ACCESO ÁS TRES CRUCES DE ISORNA38.877,30 €
 RIANXOMELLORA DA ACCESIBILIDADE DOS AREAIS DE RIANXO44.968,08 €
 RIBEIRARIBEIRA, DESTINO LITORAL SOSTIBLE: REHABILITACIÓN CENTRO DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DE SAN ROQUE72.000,00 €
 RIBEIRARIBEIRA, DESTINO LITORAL SOSTIBLE: ACTUALIZACIÓN DOS CONTIDOS DIDÁCTICOS DO CIA DE SAN ROQUE13.500,00 €
 RIBEIRARIBEIRA, DESTINO LITORAL SOSTIBLE: MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CIA DE SAN ROQUE26.721,00 €
14 AXUDAS622.637,96 €

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas