Un ano máis, a Interrunning CAE 2026 do Porriño prepárase para vivir unha das grandes xornadas deportivas e populares do calendario galego. O próximo 20 de setembro, O Porriño será escenario dunha nova edición deste evento que reúne a corredores, familias, empresas e amantes do deporte nunha xornada pensada para todos. MODALIDADES
10K
5K
Andaina Antonio Palacios 8K
Carreiras infantís: Chupetes e Pitufos IV CAE –
Carrera de Empresas de Galicia
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE A organización informa de que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de setembro ás 23.59 horas. A partir dese momento pecharase definitivamente a posibilidade de participar nesta edición.
Desde a organización queremos animar a todos aqueles que aínda non se inscribiron a aproveitar estes últimos días e formar parte dunha carreira que vai moito máis alá do deporte. A Interrunning CAE 2026 é participación, convivencia, empresa, familia e, sobre todo, solidariedade. Unha cita aberta a todos, independentemente do nivel ou do obxectivo co que cada participante chegue á liña de saída.
INSCRICIÓNS
As inscricións poden realizarse a través de: EMESPORTS.ES Peche de inscricións: 17 de setembro ás 23.59 horas. Non te quedes sen o teu dorsal. Esperámoste o 20 de setembro no Porriño. Organización Interrunning CAE 2026

