Home A Coruña A Xunta pon en valor o programa dos concertos do Xacobeo na...

A Xunta pon en valor o programa dos concertos do Xacobeo na presentación da novena edición do Noia Harp Fest

- Anuncio -

 Trátase do único festival de arpa do noroeste peninsular e terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto en distintas localizacións da vila de Noia

 Este acontecemento forma parte dos Concertos do Xacobeo, nos que desde o mes de maio xa participaron máis de 500.000 persoas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que hoxe participou na presentación do Noia Harp Fest, enxalzou este acontecemento musical como o máis importante do eido instrumental do Noroeste peninsular na súa categoría, e destacou a importancia do programa dos Concertos do Xacobeo, no que xa participaron máis de 500.000 persoas desde o pasado mes de maio.

Na súa intervención, Nava Castro tamén lembrou que o calendario dos Concertos do Xacobeo estenderase ao longo de sete meses con máis de 100 actividades e a participación de 350 artistas.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia manifestou que este “é un programa aberto, que inclúe diversidade de estilos, conformado en festivais, ciclos de música e concertos”.

Segundo apuntou Nava Castro, un dos eixos de actuación do Xacobeo 2021-2022 é o de achegar a cultura a todos os galegos e visitantes e así, “propuxémonos distribuír os diferentes espectáculos entre o noso territorio, permitindo deste xeito que todos os lugares de Galicia puidesen participar deste acontecemento”.

Polo que respecta ao Noia Harp Fest, que se desenvolverá entre os días 3 e 7 de agosto, este festival presenta un cartel conformado por artistas internacionais chegados de lugares como Escocia, Senegal, Paraguai, Bretaña, Polonia e tamén contará con instrumentistas galegos.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia incidiu na orixinalidade deste festival, como mostra da gran variedade de espectáculos cos que Galicia está celebrando este Ano Xacobeo, gracias ao cal “arpistas de renome internacional como Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán ou Kora Jazz Trío acompáñannos nesta celebración”.

O Noia Harp Fest, que forma parte dos Concertos do Xacobeo, celebrarase con entrada libre nas sedes habituais do festival, como son a Praza do Tapal ou a Igrexa de Santa María A Nova, mais tamén este ano sumarase o Teatro Coliseo Noela como un dos espazos referenciais.

Relacionadas

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Publicacións Relacionadas