Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto Coruña Corre

- Anuncio -

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre 

As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do  circuíto poderán facelo ata o 5 de maio 

A Coruña, 16 de abril de 2024.- O Concello da Coruña abriu esta mañá o prazo de inscrición  da XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras  populares Coruña Corre, que afronta neste 2024 a súa edición número 11. As persoas  interesadas en participar poderán inscribirse na páxina web www.corunacorre.com ata o  domingo 5 de maio, data na que tamén remata o prazo para apuntarse no conxunto do  circuíto. O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta por un dos circuítos máis consolidados  do calendario galego, con sete probas que enchen os barrios da cidade con milleiros de  corredores e corredoras. 

A Baixada Popular de Croos San Pedro de Visma celebrarase o domingo 12 de maio a partir  das 10.00 horas, cando se producirá a saída da carreira absoluta, que percorrerá un total de  6.490 metros. A partir das 11.15 horas disputaranse as carreiras de categorías inferiores, un  total de seis. O inicio e a meta da proba estará situada na rúa San Pedro de Visma, no  cruzamento coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico municipal. 

A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da  proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido  na meta. 

As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán  retirar os seus dorsais no Centro Cívico de San Pedro de Visma, o sábado 11 de 11.00 a  20.30 horas, e o domingo 12, ata unha hora antes do comezo das carreiras. As persoas  inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non necesitan retirar un novo,  xa que este é único para todas as probas, pero deberán confirmar a súa participación na  proba ata a data límite de inscrición.

Haberá servizo de gardarroupa, de 9.30 a 13.00 horas, no centro cívico. Tamén haberá un  servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega  de premios terá lugar a partir das 12.30 horas no podio situado fronte á zona de meta. 

Inscricións á proba e ao circuíto 

Hai dúas posibilidades de inscrición. A primeira delas é a inscrición única ao circuíto, que dará  dereito a participar nas cinco probas restantes e será a única maneira de puntuar para o  circuíto e optar aos premios. Xerarase un dorsal único e as persoas participantes deberán  confirmar a súa asistencia proba a proba. O prazo de inscrición ao circuíto rematará ás 23.59  horas do domingo 5 de maio, data na que tamén finaliza o prazo para a terceira proba do ano,  a XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. As persoas interesadas en participar  só nesta proba poderán inscribirse de maneira independente. 

A inscripción ao circuíto ten un coste total de 24 euros (12 euros de cota e 12 euros o chip)  ou 19 euros (7 euros a cota e 12 de chip) para persoas desempregadas, de máis de 65 anos  e con Carné Xove. A inscrición de menores é gratuíta. Por outra banda, as persoas que  participen só nesta terceira proba terán que aboar unha cota de 3 euros e 2 euros polo chip  refugable, ou un total de 3 euros para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e  posuidores do Carné Xove. As inscricións e toda a información sobre o circuíto e os seus servizos pode consultarse nas  páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares e www.corunacorre.com.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas