Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición para a ruta familiar Ponteceso-Praia de Balarés...

Aberto o prazo de inscrición para a ruta familiar Ponteceso-Praia de Balarés e museo MELGA.

- Anuncio -

O Concello de Oleiros organiza unha ruta familiar enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo sábado 20 de abril.

O vindeiro sábado 20 de abril terá lugar unha nova ruta do programa Andares por Galicia, a cultura da natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa ruta de PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA.

Nesta ocasión trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal.

Entre os lugares e puntos de interese que se visitarán durante a ruta de 5,5 km e dificultade baixa sinálanse o río Anllóns e vila de Ponteceso, a casa de Eduardo Pondal (non se visita), observación das aves no Esteiro de Anllóns, o ZEC Costa da Morte (Rede Natura 2000), o Piñeiral de Balarés (área de lecer) ou o miradoiro do Alto das Travesas. Para rematar realizarase unha visita cultural ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) ou á olaría de Aparicio (Buño).

Inscricións e info en https://www.oleiros.org/actividades-culturais/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/1111060

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas