Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron ao redor das 23:00 horas de onte, domingo 17 de novembro, nun operativo provocado por un accidente de tráfico acontecido no punto quilométrico 565,8 da N-VI, ao paso da vía polo concello de Aranga.
Na incidencia un vehículo envorcou, sendo trasladada a persoa condutora con feridas leves ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.