Home A Coruña Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

- Anuncio -

O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán, para causar os mínimos trastornos posibles, e consistirán principalmente na renovación da cuberta, fachadas e fiestras.

No verán de 2025 realizarase a segunda fase desta reforma integral, que afectaría ao interior do centro: paredes interiores, pavimento, sistema calefactor… Esta segunda fase está valorada en 150.000 euros.

O financiamento da obra, que lle correspondía á Xunta, abordarase coas achegas de dous anos que o Concello fai á escola e unha achega municipal. Non se podían tolerar por máis tempo os evidentes danos que presenta a escola, que forma parte da rede A Galiña Azul.

O edificio, igual que todas as escolas infantís de Oleiros, foi construído polo Concello en 1993. Ten 675 metros cadrados distribuídos nun espazo multifuncional e cinco aulas.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas