Home A Coruña Alternativa brinda a súa colaboración desde fóra do Goberno para facilitar a...

Alternativa brinda a súa colaboración desde fóra do Goberno para facilitar a mellora que o Concello de Cambre precisa

- Anuncio -

Alternativa dos Veciños brinda a súa colaboración ao Goberno de UxC para acadar as melloras que o municipio precisa sempre e cando haxa unha vontade proactiva do actual goberno municipal.

Alternativa dos Veciños mantivo sempre unha postura moi crítica coas políticas que se estaban a desenvolver no municipio de Cambre polo goberno do bipartito (UxC e PSOE) e que levaron ao municipio a unha grave situación a respecto da contratación de obras e servizos públicos básicos, así como unha pésima xestión económica en xeral que provocou unha paralización administrativa total cunha gravísima repercusión para a veciñanza de Cambre.

Ante esta nova situación, na que unha das partes responsables, o PSOE; que gobernaba en coalición con UxC e que os abandona dada a problemática municipal; Alternativa dos Veciños brindará o seu apoio ao novo goberno en minoría desde a bancada da oposición. Desde AV solicitarase ao goberno municipal rigor na aplicación das normas e leis para acadar un progreso real para a veciñanza de Cambre, para o cal é preciso escoitar ao funcionariado municipal. Colaborarase de forma proactiva para que Cambre non perda o tren do progreso: Alternativa dos Veciños circula por vía ancha e dispón da maquinaria axeitada para levar o tren a bo destino, sempre sendo rigorosos e amparados pola lei.

Relacionadas

O Concello organiza actividades de concienciación contra as violencias LGTBIfóbicas nos centros escolares

0
Entendendo a prevención e concienciación de base sobre as violencias LGTBIfóbicas e a educación en igualdade e diversidade desde idades temperás como pilar fundamental...

Unha marea solidaria verde marchará contra o cancro na Pobra

0
A Pobra do Caramiñal emprenderá unha andaina solidaria contra o cancro no 19 de maio. A saída está fixada para as 10.30 horas dende...

Neda licita o servizo municipal de limpeza viaria cun investimento máximo de 50.000 euros...

0
O Concello de Neda vén de sacar a contratación por dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas dun ano, o mantemento da limpeza viaria...

O Concello de San Sadurniño licita a xestión e mantemento da piscina municipal

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público activou hai uns días o anuncio da licitacióncorrespondente ao servizo de socorrismo e mantemento da piscina municipal...

Os cursos de arte floral continúan no camiño de dinamiza-lo rural da Pobra

0
O rural segue a dinamizarse na Pobra do Caramiñal con novas actividades. Á creación do xardín veciñal, o exercicio terapéutico baseado no tai-chi e...

A veciña de Laxe Lola Rontano presentará a súa segunda obra este domingo no...

0
• A peza, ‘Esperta do teu sono’, fala do conflito da mina de Corcoesto con Vila Amparo como testemuña de curiosas mortes • A actividade...

Publicacións Relacionadas