Home A Coruña Alternativa desbloquea case 300 vivendas en Carral

Alternativa desbloquea case 300 vivendas en Carral

- Anuncio -

Un total de 294 vivendas serán completadas en Carral próximamente, tras seren adxudicadas pola Sareb (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, o chamado “banco malo”) a distintas empresas promotoras que na actualidade afean o casco urbano de Carral.


Estas vivendas foran paralizadas e abandonadas polas propias construtoras durante a crise inmobiliaria do 2008, e tiveron que ser rescatadas polo banco creado polo goberno para xestionar eses activos recuperables. Agora sairán ao mercado a través da propiedade que o adquiriu.

O Goberno Municipal da Alternativa en Carral, encabezado por Javier Gestal, presionou insistentemente á Sareb para conseguir sacar adiante esta adxudicación, polo que se mostrou moi satisfeito.

Así revitalizará o mercado da vivenda neste concello e eliminará de varias rúas eses enormes esqueletos urbanos que causan sensación de abandono na paisaxe urbana. Agárdase que o prezo das vivendas sexa moderado, debido ao gran número delas que saen ao mercado.

Na rúa Méndez Búa desbloquéanse 128 vivendas; en Víctor Velasco, 94; na Rúa do Castro, 56 e en Rosalía de Castro, 15.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas