HomeA CoruñaAlternativa dos Veciños reclamará no Pleno os recursos habitacionais de urxencia para...

Alternativa dos Veciños reclamará no Pleno os recursos habitacionais de urxencia para casos de violencia de xénero no Concello de Culleredo

- Anuncio -spot_img

Alternativa levará a Pleno unha moción para instar ao goberno local para que dote dos recursos precisos relativos a aloxamento de urxencia e outras actuacións en materia de violencia de xénero.

O Concello de Culleredo recibiu o pasado mes de decembro unha comunicación telefónica por parte do equipo VIOXEN da Garda Civil onde se trasladaba unha situación de urxencia dunha veciña con menores a cargo que estaba sendo asistida por un caso de violencia de xénero.

A actuación requiría do aloxamento temporal de urxencia de tres persoas ante a imperiosa necesidade de saír do seu domicilio habitual. Circunstancia que se tivo que solucionar a través dos recursos que puxo a disposición un concello limítrofe (Oleiros) xa que o Concello de Culleredo non dispoñía de ningún aloxamento temporal ao efecto.

Alternativa dos Veciños denuncia o incumprimento do Plan de Igualdade Municipal, aprobado o 29 de outubro de 2024, onde se contempla a necesidade de elaboración de 2 convenios con hoteis e/ou hostais coa finalidade de dar cumprimento a situacións como a anteriormente comentada. Ademais o mesmo Plan establece a incorporación ao Sistema de Seguimento Integral ESTATAL nos casos de violencia de xénero por parte da Policía Local.

Neste sentido desde Alternativa dos Veciños Culleredo levarase a Pleno unha moción para que se asuma a urxencia de cumprir co establecido no Plan de Igualdade Municipal, ademais de adoptar de inmediato as medidas precisas para dispoñer dos recursos habitacionais de urxencia no Concello de Culleredo e a solicitude de incorporación da Policía Local e a posterior Adhesión ao protocolo… tal e como se recolle no devandito Plan aprobado o pasado mes de outubro de 2024.

Publicacións Relacionadas