Home A Coruña “Anicamento”, “teito de cristal” e “cultura da cancelación”, entre as novas entradas...

“Anicamento”, “teito de cristal” e “cultura da cancelación”, entre as novas entradas do Dicionario da Real Academia Galega

- Anuncio -

Agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado figuran entre as últimas entradas incorporadas ao Dicionario da Real Academia Galega. O Seminario de Lexicografía engadiu na última actualización a esta ferramenta fundamental da lingua galega corenta voces canda novas acepcións ou melloras na redacción doutros vinte lemas.

Agachamento e anicamento, as palabras referidas ao exercicio físico que consiste en flexionar e estender as pernas coa columna vertebral recta, entran canda outros termos do mundo do deporte como haltere, que designa a tamén chamada barra de discos, ou vólei, que aparece xa no Dicionario como sinónimo das formas voleibol e balonvolea.

Incorpóranse tamén ao Dicionario voces de tecnolectos de crecente uso na lingua común como escaleta, o guión detallado que reflicte os contidos e a súa duración dentro dun programa, así como a súa forma de presentación; ou esgrafiado, que denomina a técnica decorativa consistente en facer incisións cun estilete nunha capa superficial especialmente preparada, deixando á vista a cor da capa inferior, así como o elemento decorativo feito desta maneira.

O birimbao ou trompa galega, o instrumento musical de metal que consiste nunha lámina vibratoria (a palleta) fixada a un marco en forma de ferradura, figura tamén entre as últimas incorporacións canda outras voces que completan familias de palabras de uso común como percebeiro ou elitismo a partir de sufixos habituais no idioma.

No apartado de frases e expresións, no lema teito agrégase a locución substantiva teito de cristal, que identifica a barreira invisible de tipo social, cultural ou económico, que impide a unha persoa ou a unha minoría o acceso a postos de relevancia dunha organización; e a entrada de cultura suma o fraseoloxismo cultura da cancelación, o fenómeno consistente na retirada de apoio moral, financeiro, dixital ou social a persoas ou organizacións como consecuencia de comentarios ou accións realizados por estas.

Canto aos cambios e engadidos, comadre incorpora o significado de muller con quen se ten máis trato ou confianza e se establece unha relación de amizade, apoio mutuo ou compañía, a acepción recoñecida como Palabra do Ano 2022 na votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras; cónxuxe pasou a definirse como cada unha das persoas dun matrimonio, con respecto á outra; e consorte tamén mudou a redacción para respectar igualmente a diversidade. A Real Academia Galega modificou así mesmo a definición de autismo de acordo cos cambios producidos na súa descrición científica e mais na súa percepción social.

Entre as ampliacións, a voz neon suma ademais as acepcións referidas ás lámpadas e os anuncios que empregan as lámpadas co gas do mesmo nome; e verde recolle catro significados máis vinculados á cuestión ambiental: [política, ideoloxía, grupo…] que defende ou fomenta a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico; que respecta na súa produción ou na súa actividade a conservación do medio ambiente; defensor ou partidario dunha ideoloxía que defende a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico; e, en plural, movemento político que defende a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas