Home A Coruña Boom de residencias privadas no Concello  e insuficiencia absoluta de prazas xeriátricas...

Boom de residencias privadas no Concello  e insuficiencia absoluta de prazas xeriátricas públicas

- Anuncio -

Máis dúas novas residencias privadas no Concello, unha en Bastiagueiro e outra en Iñás, xa se fala do tixolo xeriátrico no Concello. Modelo que se move entre dous extremos: o do negocio puro e duro e o da precariedade asistencial, un prestado por empresas controladas por fondos de capital que mesmo operan desde paraísos fiscais e o outro por entidades vinculadas a Igrexa católica. A pandemia fixo agromar con toda crueza as deficiencias do modelo de residencias. No BNG temos un modelo de residencias que entende o coidado dos e das nosas maiores como un servizo público  que garanta unha vellez digna. Sendo responsabilidade única da Xunta, interpelaremos ao Concello sobre que acha deste aluvión de centros privados fronte a un cativeiro e absolutamente insuficiente única residencia pública.

Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:

Primeiro tanatorio no territorio municipal e de carácter privado

O grupo municipal do BNG de Oleiros leva dende o 2007 reclamando a creación dun tanatorio público no Concello, polo que a próxima construción dun tanatorio privado é máis unha oportunidade perdida para dar exemplo de políticas públicas. Pediremos ao Concello que no futuro, xa que semella que xa existe unha licenza para este tanatorio privado en Iñás, teña en conta esta necesidade de servizos públicos sempre máis eficaces e xustos que os privados.

Para cando do saneamento do Porto de Lorbé?

No pasado mes de febreiro, a Xunta de Galiza finalizou o último treito da Vía Ártabra no porto de Lorbé, acompañado dos correspondentes traballos de mellora, dentro dos cales ficaron instalados trece novos sumidoiros e as conducións que facilitan a instalación do bombeo de saneamento.

          Na actualidade, o Porto de Lorbé, que é competencia da Xunta de Galiza, carece de saneamento, co conseguinte problema sanitario e ambiental. O BNG levará esta permanente problemática ao Parlamento da Galiza mais tamén preguntaremos no pleno se o Goberno local coñece se a Xunta se vai facer cargo do saneamento do Porto de Lorbé, e en que prazo.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas