Home A Coruña Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

- Anuncio -

O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Guadalupe Álvarez Luchía nace en Bos Aires en abril de 1984, así que chega a Oleiros con nova década recén estreada. É actriz, cantante e compostira. Ten actuado en obras tan importantes como Bodas de sangre co centro dramático nacional.

Actualmente está centrada na parte musical da súa carreira, na que xa ten colaborado con artistas como Jorge Drexler ou Las Migas e acaba de editar o seu último disco titulado Cuero. O folklore latinoamericano é o protagonista do mesmo, recuperando pezas e dándolle o seu toque persoal.

O directo, en formato trío, será un luxo para quen guste de artistas como Silvia Pérez Cruz ou Rozalén.

Relacionadas

Bergondo oferta 849 prazas nas súas actividades e campamentos de verán, máis do triplo...

0
· O prazo de preinscrición ábrese este luns, 6 de maio, e pecharase o venres. · Como novidade, o Concello crea uns campamentos para o...

O Partido Popular apoia o trazado ininterrompido do Paseo paralelo á lámina de auga...

0
Considera que o Delegado do Goberno, en plena precampaña electoral, sacudiuse a Gelo de encima con compromisos que non se fixeron realidade. Pregúntase, ademais, se...

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

Paderne lembra este domingo a figura de Francisco Vales Villamarín na re inauguración do...

0
No acto, presidido polo alcalde, intervirán o veciño e promotor da iniciativa, Emilio Vila; o secretario da Real Academia de Belas Artes, Felipe Senén;...

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

0
A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no sábado 4,...

O Concello presentou o cartel de ‘Viñetas desde o Atlántico’ deste ano no Salón...

0
Genie Espinosa é a autora da imaxe desta 27.ª edición, que coincide co 15 aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade A presentación...

Publicacións Relacionadas