Home A Coruña Costas dá por finalizado o dragado sen facer os tramos de paseo...

Costas dá por finalizado o dragado sen facer os tramos de paseo pendentes entre Oleiros e Cambre

- Anuncio -

O proxecto de rexeneración da ría non está rematado. Oleiros segue sen estar conectado con Cambre a través dun paseo marítimo, o que impide circunvalar toda a ría.

A nova zona verde creada na desembocadura do río do Seixo, dotada dun tramo de paseo marítimo, non está conectada nin co paseo de Beiramar nin co paseo de Cambre, ao que actualmente hai que acceder polo parque municipal da urbanización do Seixo. Mentres o Ministerio non aborde estes dous tramos pendentes de paseo no Paraíso e no Seixo, o Concello manterá pechadas por precaución as futuras conexións dos tramos dos paseos costeiros.

“Desde Oleiros lamentamos a actitude da Xefatura de Costas e do Delegado do Goberno, respecto do tramo do Paraíso para o cal se chegaron a talar decenas de árbores de gran porte. No proxecto existía unha partida para abordar as obras e non se investiu, ademais de quedarse coa madeira da tala”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Relacionadas

Dez veciñas de Neda fórmanse co Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade para conseguir...

0
Un total de dez mulleres de Neda, en situación de desemprego, participan no Programa Integrado de Emprego (PIE), que promove a Mancomunidade de Concellos...

A ponte sobre a vía do tren en Bolo permanecerá pechado ao tráfico os...

0
● A infraestrutura sufriu danos importantes ao ter un accidente un vehículo pesado, que abandonou o lugar sen deixar os seus datos, cargando ao...

As concellerías de Servizos Sociais Comunitarios e Educación organizan unha saída cultural a Oporto...

0
No día de hoxe un autobús sae para Oporto con 50 persoas participantes nos obradoiros do Programa de dinamización e promoción social para maiores...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Continúan as obras da senda peonil de Abeledo e proximamente darán comezo en A...

0
• As intervencións, subvencionada pola Deputación da Coruña, contemplan a realización dunha travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho...

O BNG solicita a paralización dos pagos pola reforma da Praza de Galiza até...

0
Despois de revisar os correspondentes expedientes, o BNG solicita aclarar unha presunta situación de conflito de intereses do director da obra. Ante esta situación, e...

Publicacións Relacionadas