O subministro periga en Cambre, Bergondo, Sada e Oleiros
Os concellos de Cambre, Bergondo, Sada e Oleiros teñen un problema de subministro de auga polas deficitarias tuberías xerais. Á marxe das redes internas de cada municipio, urxe ampliar a sección das tuberías desde A Telva ata o depósito do Espírito Santo e as conexións desde aí cos concellos, así como construír un novo depósito de auga en San Pedro de Nós para servizo de Cambre e dunha parte de Oleiros; dado que no encoro de Cecebere si hai auga suficiente.
Alternativa dos Veciños leva demandando esta actuación de forma continuada durante os últimos anos. Unha solución que hai que abordar sen máis dilación para poñer fin a posibles insuficiencias debido ao incremento do consumo de auga en todos os municipios. Emalcsa, igual que vende a auga aos concellos, está obrigada a acometer este proxecto xunto coa Xunta de Galicia, que tamén está obrigada a cofinanciar esta obra, dado o seu carácter supramunicipal, tendo en conta tamén que cobra un canon pola auga á cidadanía (por exemplo, en Oleiros 771.000 euros anuais), que non está a reinvestir nin en Oleiros nin nestas necesidades de ámbito comarcal.
“Levamos 10 anos cun terreo en San Pedro de Nós que puxemos a disposición de Emaclsa, para que fixeran ese depósito para Cambre e Oleiros, e … si te he visto no me acuerod. Isto non pode seguir así. Imos solicitar unha reunión porque hai que desbloquear esta situación”, comentou o alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane.

