Free Porn
xbporn
Home A Coruña Inés Rey anima aos 2.500 médicos do XXX Congreso Nacional de Medicina...

Inés Rey anima aos 2.500 médicos do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia a gozar da ampla oferta cultural da cidade

- Anuncio -

“Os médicos de familia sodes os profesionais máis próximos ao paciente”, sinalou a alcaldesa durante a inauguración A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a inauguración do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se celebra desde hoxe e ata o sábado en Palexco, coa presenza de 2.500 profesionais do sector e a confirmación de outros 1.500 que seguirán as poñencias a través de streaming. A rexedora destacou a fortaleza da Coruña como cidade organizadora de grandes eventos profesionais e congresos MICE, que supoñen un gran impacto económico e social.“Os médicos de familia sodes os profesionais máis próximos ao paciente e xerades vínculos prolongados con moitos deles”, apunto Inés Rey, que quixo poñer en valor o papel destes profesionais durante a pandemia da COVID-19. As cifras do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia amosan a relevancia do mesmo. Durante as xornadas impartiranse un total de 237 sesións a cargo de 128 expertos e doce de ditas sesións poderán ser seguidas por streaming, para os que hai inscritas 1.500 persoas máis. O número de comunicacións aceptadas polo comité científico ascende a 808. A rexedora desexou aos participantes que o congreso sexa frutífero e contribúa á mellora do sector sanitario, mais tamén animou aos facultativos e facultativas a gozar da ampla oferta cultural e de ocio que ofrece a cidade. A orzanización do evento cifrou en 3 millóns de euros o retorno económico para a cidade da cita. 

Relacionadas

As nenas e nenos da Aldea de Verán de San Sadurniño conciéncianse sobre o...

0
A rapazada da Aldea de Verán de San Sadurniño participou esta mañá nas actividades do programa Lecer Consumo da Escola Galega de Consumo da...

O Concello comeza a urbanización da avenida da Sardiñeira, con melloras de accesibilidade e...

0
Os traballos, que durarán 14 meses, serán clave para dotar de mellores accesos á futura estación intermodal Haberá sentido único cara a rolda de Outeiro...

O Concello de Noia inaugura un tramo restaurado do Camiño de Santiago da Ría...

0
Esta actuación, entre Pontenafonso e Orro, é a primeira dunha serie de obras de posta en valor desta ruta xacobea de cara ao Ano...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

O Concello contrata o mantemento das zonas verdes para os próximos catros anos

0
Resolveuse o concurso público do contrato para o mantemento de zonas verdes. O investimento será de 5,3 millóns de euros por un período total...

Neda abre unha lista de emprego para a cobertura interina de prazas de oficial...

0
O prazo para solicitar a participación no proceso selectivo remata o 30 de xullo O Concello de Neda vén de publicar as bases e a...

Publicacións Relacionadas