test
Home A Coruña Inés Rey no Día da Policía Local: “A vosa dedicación e profesionalidade...

Inés Rey no Día da Policía Local: “A vosa dedicación e profesionalidade é exemplo para todos nós”

- Anuncio -

A alcaldesa presidiu o acto de homenaxe aos e ás axentes do servizo, con recoñecemento a civís e outras forzas e corpos de seguridade

Destacou as 242 detencións realizadas no último ano como exemplo da colaboración da Policía Local coa Policía Nacional, xunto coas 608 persoas auxiliadas

O Concello incorporou 40 novos e novas axentes dende o pasado mes de outubro e a OPE deste ano conta con preto de 20 prazas de Policía Local

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto polo Día da Policía Local no Salón de Sesións de María Pita, en homenaxe aos e ás axentes do servizo. Rey reivindicou a necesidade de recoñecer o traballo diario da Policía Local: “Como servizo esencial que sodes, o voso traballo diario, silente e discreto é tamén invisible para moitas persoas. Con todo, non hai un día no que un coruñés ou unha coruñesa desenvolva algunha acción cotiá sen contar co apoio ou colaboración da Policía Local” sinalou.

Durante o acto concedéronse medallas á permanencia no servizo a aqueles e aquelas axentes que estiveron en activo 20, 30 e 35 anos xunto co recoñecemento aos axentes xubilados o pasado ano 2023. Tamén a civís como persoal traballador doutros servizos municipais e outras forzas e corpos de seguridade. A alcaldesa destacou a vocación de servizo público de todos eles e elas que definiu como “condición que non entende nin de horarios ou quendas” porque vai implícita na propia personalidade de cada unha das persoas recoñecidas e engadiu que “non hai maior orgullo que saber que contamos con vós”.

Lembrou que nos 179 anos da historia da Policía Local foron moitas xeracións as que pasaron polo corpo demostrando dedicación e colaboración. Destacou as 608 persoas auxiliadas neste último ano, como mostra da entrega do corpo policial xunto coa colaboración doutros servizos de seguridade e emerxencias. E tamén as 242 detencións realizadas como exemplo da colaboración entre a Policía Local e a Policía Nacional. “Dous corpos que, como saben, teñen competenciasdiferentes, mais cuxa coordinación e acción conxunta beneficia a vida da nosa cidadanía” apostilou.

Rey lembrou a incorporación de 40 novos e novas axentes de Policía dende o mes de outubro, 10 a finais de 2023 e 30 máis a comezos deste ano, co que foi a maior incorporación dende 1992 e completou o cadro de persoal máis numeroso de Galicia. “Fai unhas semanas aprobabamos tamén a OPE deste ano, con preto de 20 prazas para Policía Local seguindo o obxectivo de ampliar e reforzar o servizo de referencia en Galicia”, sinalou. A alcaldesa tamén destacou os recoñecementos recibidos nos Premios Nacionais do Programa Axente Titor, onde cinco axentes coruñeses recibiron a Cruz ao Mérito Policial como referentes a nivel galego pola iniciativa; xunto co Premio Nacional ás Boas Prácticas na Educación Viaria, outorgado o pasado ano 2023.

Ao acto asistiron a concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Montserrat Paz; xunto con outros membros do Goberno local e da corporación. Tamén asistiron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz Castroverde; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín; e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva Álvarez.

Nómina de persoas distinguidas no acto

Concesión da medalla e diploma á permanencia no servizo
20 anos de servizo activo
– Rubén Álvarez Hermida, inspector
– Silvia Teijido Insua, policía
– Juan Manuel Rodríguez Cancela, policía
– Alberto Rodríguez Baldomir, policía
– Daniel Mouriño Rivas, policía
– Fernando Roca Pisano, policía
– Paula López Vila, policía
– Javier Fernández Bustelo, policía
30 anos de servizo activo
– Juan Manuel Brea Asorey, policía
35 anos de servizo activo
– José Roca Loureda, inspector
– Jaime Antonio Prego Vázquez, oficial
– Ángel Vicente Vega, policía
– Jesús Ángel Mosteiro Calvar, policía
– José Antonio Juárez Carrera, policía
– María del Carmen Iglesias Rasser, policía
– Juan Carlos Castro Rico, policía
– Francisco Javier García Mera, policía

Homenaxe aos policías locais xubilados no ano 2023
– Joaquín Ponte Pérez, inspector principal
– Emilio Martínez Rodríguez, inspector principal
– Adolfo Iglesias Regueiro, policía
– Eduardo Soto Villar, policía
– Francisco Muñoz López, policía
– Javier Iglesias González, policía
– Manuel Rodríguez Jarazo, policía
– Enrique Valentín Fraguela Rodríguez, policía
– Manuel López Roibás, policía

Concesión da medalla e diploma de felicitacións públicas
– Ramón Gómez Nieto. Comisario principal. Xefe Superior de Policía de Galicia – Javier Rey Ozores. Fiscal. Ex xefe da Fiscalía Provincial da Coruña
– Fernando Javier Martinez Marty. Comisario principal. Xefe Provincial da Policía Nacional da Coruña
– Fernando Pedreira Lata. Coronel. Xefe da 611 Comandancia da Garda Civil da Coruña – Manuel Alvarez Justo. Subteniente. Secretaría do Xeneral de Zona da Garda Civil. Xefe do Destacamento de Seguridade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
– Cristina Vara Vázquez. Xefa do Departamento de Acción Social do Concello da Coruña – Jacobo Jose Enseñat Berea. Xefe do Departamento de Informática do Concello da Coruña
– Victoria Eugenia Hurtado Chaves. Xefa da Sección de Xestión Administrativa de Medio Ambiente do Concello da Coruña

Concesión da medalla e diploma pola traxectoria profesional exemplar, a axentes do corpo da Policía Local da Coruña
– Lorena Ponte Saavedra, oficial
– Jaime Antonio Prego Vázquez, oficial
– José Manuel Arias López, policía
– Iván Meijide Miguez, policía
– María Carmen Iglesias Rasser, policía

Concesión da medalla e diploma ao mérito extraordinario, a axentes do corpo da policía local da coruña
– Lorena Ponte Saavedra, oficial
– Abelardo Lijó Fernández, policía
– Pedro Campos Martínez, policía

Relacionadas

Sufocado un incendio nun vehículo na AG-55, no concello da Laracha

0
Os Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo recibiron, hoxe, o aviso dun incendio orixinado nun coche na AG-55, na saída...

‘Dandy’, o anglo-francés de Dinito Carballo, convértese no mellor exemplar da XXV Mostra de...

0
· O premio ao Mellor lote levoullo José Antonio Fernández pola súa camada de cachorros de raza beagle. ‘Dandy’, o can de raza anglo-francesa de...

Derradeiras entradas para o concerto de Queens of the Stone Age deste martes 18...

0
A banda coruñesa Bala presentará antes o seu último disco Unha das mellores bandas de rock en directo do momento, Queens of the Stone Age,...

O Concello amplía a súa colaboración coas actividades do Comité Cidadán Antisida de Coruña...

0
A alcaldesa asinou un convenio nominativo por importe de 45.000 euros para a atención a persoas con VIH en risco de exclusión A alcaldesa da...

O Concello comeza as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños, no Barrio...

0
Os traballos están financiados por fondos Next Generation e supoñen un investimento de máis de 200.000 euros O Concello da Coruña iniciou esta semana as...

O Auditorio de Ribeira xa luce como faro cultual

0
O alcalde, Luís Pérez, a conselleira de Política Social, Fabiola García, a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García, o senador...

Publicacións Relacionadas