IV Xornadas Micolóxicas de Neda

adminON
Lectura mínima de 1

Unha decea de persoas participaban esta mañá na terceira e última sesión das IV Xornadas Micolóxicas de Neda, un percorrido pola contorna da área recreativa de Maciñeira guiado maxistralmente pola Asociación Viriato co que comprobar, sobre o terreo, o aprendido nas dúas xornadas teóricas precedentes. As ganas de coñecer máis sobre a identificación das variedades de cogomelos, tipoloxías ou características puideron máis que a choiva que acompañou aos participantes durante practicamente toda a saída. Un itinerario ameno e do máis didáctico, repleto de curiosidades e información útil. 

Comparte este artigo