Home A Coruña Máis de medio cento de grupos participarán o domingo no XXIV Concurso...

Máis de medio cento de grupos participarán o domingo no XXIV Concurso de Música Tradicional de Xiradela

- Anuncio -

· O Auditorio do CCC Arteixo recibirá o vindeiro domingo 21 de abril, en horario de mañá e tarde, a pandeireteiras/os, así como ao público que acudirá a gozar da súa actuación.

· Repartiranse 2.400 euros en premios sumando as catro categorías a concurso.

Un total de 51 grupos tomarán parte no XXIV Concurso de Música Tradicional de Xiradela. A cita terá lugar o vindeiro domingo 21 de abril de 2024, en horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Participan agrupacións chegadas de diferentes puntos de Galicia. As categorías con máis inscritos son a B (de 9-13 anos) con 20 grupos, maila C (13-17 anos) con 18 grupos.

As 10:30 horas comeza a sesión de mañá na que actuarán as categorías A e B. Desde ás 16:00 horas se poderá escoitar aos grupos participantes nas categorías C e D.

O acceso ao Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo é de balde ata completar o espazo. A rotación de público é alta, por ese motivo, en anos previos o público que acudiu á cita ao longo do día achegouse ás 1.000 persoas.

Co gallo desta cita, na contorna do Auditorio respírase ano tras ano un ambiente ligado ao desfrute da música tradicional. Durante toda a xornada pódese escoitar como pandeireteiras e pandeireteiros realizan ensaios previos para ligar voces, escóitase o son das ferreñas e vese como as e os concursantes dan os últimos retoques á súa vestimenta antes de entrar ao recinto coa indumentaria escollida con coidado para a ocasión sexa de cotío ou de gala. Todo fai parte da paisaxe do paseo fluvial no centro de Arteixo da man do Concurso de Música Tradicional de Xiradela.

Participantes por categorías e premios

Nesta 24.ª edición do Concurso de Música Tradicional de Xiradela hai catro categorías que se dividen en función das idades das persoas integrantes do grupo. Para cada unha desas categorías hai premios en metálico para primeiro, segundo e terceiro clasificado, ademais dun trofeo para o colectivo con mellor vestiario. Alcánzase no global a cantidade de 2.400€ en premios. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, e será obrigatorio o uso do traxe tradicional.

As bases recollen que neste concurso poderán “participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría”:

CATEGORÍA A: ata aos 9 anos. Participan 5 grupos.
CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos. Participan 20 grupos.
CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos. Participan 18 grupos.
CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante. Participan 8 grupos

Os premios serán os seguintes para cada categoría:

1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €

Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.

No momento da cualificación o xurado terá en conta:

A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade.
Afinación.
Interpretación.

O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.

QUEN SOMOS

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por un lado difundir o noso traballo, e por outro, axudan a promover a socialización dos rapaces con xente doutras asociacións.

Comezamos impartindo a actividade de baile tradicional, e despois ampliamos ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posibles coa máis pura tradición galega.

Ademais do concurso de música, dende o ano 1987 e de xeito continuo vimos celebrando o Día da Muiñeira en Arteixo no mes de xuño. Trátase dunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore.

No caso do Concurso de Música Tradicional é un acontecemento que nacía no ano 2000 coa intención de promover a participación das escolas de música tradicional para que a mocidade puidese ter máis actuacións e relacionarse entre si, facilitando de este xeito o coñecemento da nosa cultura.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas