Home A Coruña O BNG apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

O BNG apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

- Anuncio -

Os nacionalistas póñense a disposición da veciñanza e traballarán para garantir o dereito á saúde

O BNG mostrou o seu apoio ás demandas da veciñanza de Aguiño que se concentrou para esixir que a Consellaría de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes centro de saúde da parroquia. Os nacionalistas aseguran que o deterioro que sofre a Atención Primaria tanto en Aguiño como no centro de saúde de Ribeira está provocando desprazamentos innecesarios, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade.

Os nacionalistas cren que Aguiño podería vivir unha situación moi parecida ás vividas xa en Corrubedo ou Palmeira que padeceron a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir as prazas con profesionais a tempo completo.

O alcalde, Luís Pérez Barral, presente na concentración declarou que estará a carón da veciñanza e traballará para que a veciñanza de Aguiño poida ter garantida a atención médica. “A falta de médicos supón un prexuízo importante á poboación pois só se cobren unhas poucas horas á semana e hai persoas que están a desprazarse ao centro de saúde de Ribeira co conseguinte gasto económico. Este feito supón, ademais, unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense porque a día de hoxe faltan 4 médicos dos 14 que debería haber” informou.

Deterioro da atención no rural

Os nacionalistas lamentan que o Goberno galego estea deteriorando a atención sanitaria que se presta nos centros de saúde rurais. O responsable local do BNG, Rafael Pazos, quixo trasladar a mensaxe de que “traballaremos a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade”.

Ante toda esta situación, o BNG rexistrou iniciativas no Parlamento solicitando cubrir o 100% das vacantes de persoal sanitario que existen tanto en Aguiño como en Ribeira evitando así a existencia de listas de espera para acudir ao médico de cabeceira.

Relacionadas

O Concello colabora con Ecovidrio nunha campaña de reciclaxe de Nadal

0
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu á presentación dunha árbore feita con material reciclado O Concello da Coruña colabora coa campaña que pon...

O Concello colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na divulgación dunha planta...

0
O Concello de Carballo colabora coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na protección de plantas “exclusivas da zona” que corren risco de extinción,...

Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda

0
Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda. Como en anos anteriores, o Concello organizou unha cabalgata con itinerario amplo, que vai...

O proxecto constructivo da Cuarta Rolda incorporará a conectividade cos polígonos empresariais de Agrela,...

0
A alcaldesa e o director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández, reuníronse hoxe coas e cos representantes das asociacións dos tres polígonos...

O teatro cine Elma encherase de música cun novo concerto no 28 de decembro

0
A música eríxese como un dos pratos fortes das propostas de Nadal que chega da man do tecido asociativo da Pobra do Caramiñal. Por estas...

O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de...

0
O Concello de Ponteceso, programará varias actuacións de balde con motivo das festas de Nadal. Estes eventos terán os seguintes horarios e emprazamentos: - Día...

Publicacións Relacionadas