Home A Coruña O BNG lamenta que o Concello de Culleredo non actualice a sede...

O BNG lamenta que o Concello de Culleredo non actualice a sede electrónica cos recursos da Deputación

- Anuncio -

A meirande parte dos concellos da provincia utilizan os aplicativos gratuitos da institución

O Concello de Culleredo preferiu contratar o servizo coa Diputación de Albacete

O Concello de Culleredo ten que renovar a súa sede electrónica e decidiu contratar o servizo á Diputación de Albacete. O software ofertado pola Deputación da Coruña, non lle serve ao señor Rioboo malia que, non só ter certificación de cumprir cos requirimentos do Esquema Nacional de Seguridade (ENS), senón que é de uso gratuito para os concellos da provincia.

O BNG reclamou en pleno as razóns polas que non se opta por esta opción, a pesar de que o alcalde de Culleredo sexa tamén deputado provincial e presidente da comisión á que compete a materia de Avance Dixital, responsable de que se estean investindo fondos estatais de resiliencia para a mellora contínua dese sistema informático e que dá servizo neste momento a 80 entidades, entre as que hai concellos do tamaño de Culleredo, como Carballo ou Arteixo.

Ademais non tiveron resposta as preguntas sobre o incerto gasto final que non contempla o custo da transición entre o sistema actual ao seguinte. Así, o BNG pediu que o goberno municipal reconsiderara a súa postura e que optara pola opción máis directa, como sería a solución ofrecida pola Deputación da Coruña, mais non houbo éxito.

Relacionadas

Accidente de tráfico na AC-231 ao seu paso polo concello de Sobrado dos Monxes

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na estrada...

A Concellaría de Bibliotecas crea na zona de pediatría do centro de saúde o...

0
O obxectivo da iniciativa é intensificar o labor de animación á lectura que se realiza durante todo o ano desde o Concello de CarballoAdemais...

A alcaldesa de Cariño recibe ao novo capitán da Garda Civil da zona

0
Caixa de entrada Ártabra Comunica Anexos mar., 28 de maio, 16:20 (hai 19 horas) para cco: redaccion.galicianorteacoruna Boas tardes, adxunto foto de: A alcaldesa...

A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de...

0
Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha...

Concello e movemento asociativo colaboran no programa de actividades “Primavera en Baldaio”

0
Regueifa, música, cine, xogos, charlas e rutas integran unha proposta que se levará a cabo nos centros sociais de Lema e Imende Grazas á colaboración...

O Xeoparque Cabo Ortegal prepárase para o acto central conmemorativo do seu aniversario

0
O acto celebrarase o venres á tarde na Casa da Cultura de Valdoviño, na véspera dunha nova fin de semana de actividades gratuítas abertas...

Publicacións Relacionadas