Home A Coruña O Concello convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024...

O Concello convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024 rendendo homenaxe ao Aquarium Finisterrae

- Anuncio -

O prazo de presentación de traballos nas oito modalidades remata o 3 de xuño

O Concello da Coruña convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024. O certame, que alcanza en 2024 a súa trixésimo sétima convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares, Libro editado e, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, inclúese a nova modalidade de Proyecto de sensiblización e divulgación sobre os océanos. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey prosegue coa conmemoración do cuarto de século do museo científico coruñés máis visitado.
Todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. Para participar nesta XXXVII Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 3 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar nesta dirección: www.coruna.gal/mc2/gl/prismas

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 16 de novembro de 2024. O prestixio acadado por estes premios na súa longa traxectoria vén avalado pola calidade e trascendencia dos traballos premiados en todas as modalidades, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas