Home A Coruña O Concello de Oleiros organiza dous novos obradoiros para apoiar ás familias...

O Concello de Oleiros organiza dous novos obradoiros para apoiar ás familias na crianza e educación da rapazada

- Anuncio -

O programa “Familia Inquedas” volve con dous obradoiros dirixidos a apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos e fillas dunha forma respectuosa, baseada na comunicación non violenta, o respecto, a igualdade, a confianza, a empatía e a educación emocional, reforzando os vínculos e as relacións.

O Concello de Oleiros segue a apostar por estas actuacións de calidade para as familias, nas que se oferta unha educación consciente que apoia e permite medrar, tanto a adultos como a menores de idade, nunha boa convivencia na que o diálogo estea sempre presente.

O Obradoiro “Educa Bonito” está dirixido a familias veciñas de Oleiros con fillas e fillos de 0 a 10 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: sábado 11 de maio de 10.00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, e o 20, 22, 27 e 29 de maio en horario de 18:00 a 20:00 h. Será impartido por María Soto.

O Obradoiro “Acompañando á adolescencia” está dirixido a familias veciñas de Oleiros con con fillas e fillos de 11 a 17 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: 7, 9, 14, 21 e e 23 de maio en horario de 18:00 a 21:15 h. Será impartido por Sara Vierna.
Todas as sesións serán nas instalacións de Villa Echeverry en Santa Cristina (Perillo)

As inscricións para estes dous obradoiros serán na web municipal www.oleiros.org no apartado PARTICIPA a través dos formularios que tes mais abaixo. O prazo de inscrición é do martes 30 de abril ás 10:00 h ata o xoves 2 de maio ás 23:00 h.

Relacionadas

O pleno de Paderne vota en contra dos orzamentos de 2,2 millóns co rexeitamento...

0
 O equipo de goberno iniciará unha nova quenda de negociacións para contar cunhas contas “que eviten o bloqueo do municipio” O pleno do Concello...

O alumnado do CEIP Cabo da Area de Laxe aprende a como actuar en...

0
O alumnado do CEIP Cabo da Area de Laxe viviu unha xornada de aprendizaxe sobre como actuar en caso de incendio no centro educativo. Os...

A Xunta destinará máis de 283.000 euros a financiar a construción dun Centro de...

0
— Terá capacidade para atender a 25 persoas maiores — A actuación forma parte dun Plan de investimentos de 18,5 millóns de euros que está...

MISELA presenta os seus protocolos e recursos en igualdade e prevención da violencia de...

0
O salón de plenos lousamiá acolleu esta mañá a decimocuarta xuntanza da Mesa, presidida pola concelleira Silvia Agrafojo O salón de plenos do Concello de...

650 persoas asistirán á Festa-Homenaxe aos nosos maiores que se celebrará mañá

0
A apertura de portas no pavillón do IES Agra de Leborís será ás 13:15 horas. A Festa Homenaxe aos nosos maiores que se celebrará mañá...

A casa do concello de Boqueixón acolle ata o 3 de xuño a mostra...

0
Foi inaugurada polo concelleiro de Cultura, Gonzalo Redondo; a coordinadora da Área de Cultura de AFUNDACIÖN, Paloma Vela; e o coordinador institucional de ABANCA,...

Publicacións Relacionadas