O Concello de Ribeira pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxedoméstica coa que entregará 110 composteiros de balde a vivendas unifamiliares domunicipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuosde competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa GaliciaFeder 2021-2027. Quen pode solicitalo
Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que contecunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m². A veciñanza interesada pode realizar asolicitude de dúas formas:
A través da solicitude online, dispoñible escaneando o código QR incluído nacartelería informativa da campaña
Presencialmente na oficina de Atención Cidadá
Características do composteiro
Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e debe instalarse no exterior davivenda, tendo en conta unhas recomendacións básicas para o seu correcto funcionamento:
Situalo nunha zona sombreada, protexida das inclemencias meteorolóxicas
Preferiblemente, baixo unha árbore de folla caduca
En contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismosdescompoñedores
Recuperar unha tradición do rural galego
Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Ribeira busca poñer en valor asvantaxes ambientais, económicas e sociais da compostaxe doméstica. Ademais, estacampaña supón unha oportunidade para recuperar unha tradición xa asentada no rural
galego —a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboracióndecompost—, actualizándoa mediante un sistema máis óptimo, hixiénico, cómodoeeficiente. Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso coa xestión sustentable dos residuos ecoa mellora ambiental do municipio, ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxelaegratuíta para reducir a xeración de residuos orgánicos dende os propios fogares.
Máis información e solicitudes: oficina de Atención Cidadá ou a través da webwww.ribeira.gal.

