Home A Coruña O Pleno de Brión aproba por unanimidade solicitar a declaración da Romaría...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade solicitar a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia

- Anuncio -

Tomou en consideración a renuncia de Adrián García García como concelleiro do Partido Popular

 O Pleno Ordinario de Brión aprobou este mediodía por unanimidade solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha solicitude que vai acompañada por unha completa memoria explicativa con fotografías, libros, material gráfico e audiovisual que demostra que a Romaría de Santa Minia cumpre cos requisitos esixidos para ser declarada de Interese Turístico de Galicia. A maiores, a solicitude vai acompañada por un extenso informe asinado por Clodio González, historiador e integrante da Real Academia Galega.

A sesión plenaria ordinaria de abril tomou coñecemento da renuncia de Adrián García como concelleiro do Partido Popular por motivos persoais. Será substituído polo seguinte integrante da lista popular: Emilio Jesús Aparicio. No resto da sesión aprobouse, co voto a favor do PSOE e as abstencións do PP e do BNG, o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 3/2024 por 65.683 euros para o pago de facturas emitidas en 2024 pero correspondentes a 2023, dos que máis de 54.000 euros correspóndense con subministro eléctrico.

Finalmente, os votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP permitiron aprobar o estudo de viabilidade económica e financeira do novo servizo de abastecemento de auga potable. Na quenda de mocións, o Pleno rexeitou, cos votos en contra do PSOE e a abstención do PP, a petición do BNG de que comezaran a gravarse e retransmitirse en streaming todas as sesións plenarias a partir da sesión de abril. A voceira municipal, Sandy Cebral, explicou que “estamos abertos á posibilidade da gravación e retransmisión dos Plenos pero é algo que vai implantar a Deputación da Coruña en breve, polo que pensamos que podemos aforrarlle ese gasto ás arcas municipais e agardar a que o asuma a Deputación”.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas