Free Porn
xbporn
Home A Coruña O PP de Culleredo confirma que os aparcamentos prometidos por Rioboo son...

O PP de Culleredo confirma que os aparcamentos prometidos por Rioboo son máis ocorrencia que realidade

- Anuncio -

 ∙ A humanización de varias zonas supuxo a supresión de numerosas prazas de aparcamento e “o Concello non deu ningunha alternativa aos residentes desas rúas para que poidan aparcar os seus vehículos”, indican os populares.

∙ Considera “escandaloso que o alcalde José Ramón Rioboo admita que as máis de 400 prazas que enumerou no pleno de febreiro estean só na súa cabeza. Nin un expediente, nin un informe, nada que garanta a realización de ningún aparcadoiro en datas próximas”, denuncian desde o PP.

O Partido Popular de Culleredo continúa a súa “cruzada” para conseguir que o Goberno Local “comece a tomarse en serio o problema de aparcamento público que temos nas zonas urbanas do concello”. Foron numerosas as ocasións nas que desde o Grupo Popular pedíuselle ao alcalde José Ramón Rioboo que axilice trámites e poña ao dispor dos veciños as prazas que leva prometendo desde que é alcalde, en 2017.

“Se grave é que admita que as prazas que mencionou no pleno de febreiro son absolutamente ficticias e que non hai nin un só expediente sobre elas, máis grave aínda é que leve coa mesma mentira máis de 7 anos”, declara Izaskun García, portavoz popular.

Aseguran desde o Grupo Popular que “publicar periodicamente durante anos en prensa planos e infografías, pero non realizar nin o máis mínimo trámite para que tanto futurible leve a cabo, é “tomarnos a todos por parvos”. Despois laméntase en redes de que sente incomprendido, de que non soubo explicar os seus “logros”. Que logos?, onde están?”, pregúntanse os populares. Desde o PP de Culleredo insisten en afirmar que non deixarán de dar a batalla por leste e polos moitos temas pendentes que ten o concello. “Cada vez son máis os veciños que se dirixen a nós buscando a axuda e o amparo que non atoparon no Goberno Municipal en todos estes anos”.

Relacionadas

O Concello acometerá nas vindeiras semanas obras de restauración na Casa Picasso, con melloras...

0
Con esta intervención, que supón un investimento de máis de 100.000 euros, o Goberno de Inés Rey avanza no seu plan de recuperación dos...

Avanzan os traballos de mellora nos parques infantís da Coruña, coa renovación do firme...

0
O Concello está a traballar estes días na substitución da superficie de xogo, co obxectivo de reforzar a seguridade das crianzas O Concello traballa estes...

San Sadurniño abre as preinscricións nas escolas municipais

0
O Concello de San Sadurniño volverá poñer en marcha a primeiros de outubro a súa oferta de escolas culturais e deportivas para todas as...

Un ferido nun accidente de moto na AC 305, no concello da Pobra do...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:39 do día 13 de setembro dun accidente cun ferido por mor dunha caída...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 12 de setembro de 2024

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 12 de setembro, a partir das 20.30 horas, a sesión...

O PSOE rexeita que o Pazo dos Serrano sexa un parque público, coa complicidade...

0
● Os sete votos de PSOE serven para rexeitar a moción do BNG para protexer o Pazo dos Serrano fronte á especulación inmobiliaria. ● Máis...

Publicacións Relacionadas