Home A Coruña “Poéticas Galegas”, recital poético nas Torres de Santa Cruz para conmemorar o...

“Poéticas Galegas”, recital poético nas Torres de Santa Cruz para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024

- Anuncio -

O teatro As Torres de Santa Cruz acollerá o xoves 16 de maio ás 19:0 horas un recital poético a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024 dedicado a Luísa Villalta, a Rede de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros organiza un recital poético na honra de 31 escritoras galegas a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.

O recital comezará e finalizará con poesías de Luísa Villalta, pero tamén recitará poemas doutras autoras como Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, Rosalía de Castro, Alba Doval, Alba Cid, Ana Romaní, Antía Otero, Chus Pato, Dores Tembrás, Emma Couceiro, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Filomena Dato, Francisca Herrera Garrido, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lupe Gómez, Luz Fandiño, Luz Pichel, María do Cebreiro, María Lado, María Mariño, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno, Marga Tojo, Olalla Cociña, Olga Novo, Pura Vázquez, Xela Arias e Xohana Torres.

Desde as bibliotecas municipais convídase a participar do acto ata completar a capacidade da sala.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas