Home A Coruña Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do...

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

- Anuncio -

Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro”

Preto de 20 actividades compoñen a Semana do Libro. Destaca o recital poético ”Déboche unha” con Lucía Aldao e Andrea Nunes

O Concello da Coruña conmemora esta semana o Día do Libro con preto de 20 actividades. Unha extensa programación promovida polo Goberno de Inés Rey nas difirentes Bibliotecas Municipais baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”, cuxo acto central se celebrou esta tarde.

Tres creadoras coruñesas foron as encargadas de porlle voz hoxe ao Día do Libro na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro”, que tivo lugar na Biblioteca de Estudos Locais. Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora) achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, puxo en valor o traballo das creadoras locais e o impulso do Concello para o fomento do sector a través de iniciativas como o
PRESCO Cultural ou as bolsas de creación artística.

Dende hoxe estase a realizar unha ‘solta de libros’ nos parques próximos a cada biblioteca, con lotes de libros que as persoas poden recoller para despois deixalos noutros lugares públicos, fomentando a lectura. A programación seguirá con obradoiros, exposicións e outras actividades ate o próximo sábado 27. Destaca o recital poético ”Déboche unha”, con Lucía Aldao e Andrea Nunes o xoves 25 ás 19.00 horas na Biblioteca Durán Loriga. Podes consultar toda a programación na web www.coruna.gal/bibliotecas.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas