Home A Coruña Unha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto a...

Unha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto a novas voces galegas pechan a XV edición de Poetas Di(n)versos

- Anuncio -

O terceiro e último trimestre de recitais comezará este luns 22 de abril, con Dinu Flamand e Lois Diéguez ás 20.00 horas no Ágora

Seguiranlle Rita Dove e Alberto Avendaño o 27 de maio e Andrea Cote e Lorena Conde o 10 de xuño

O ciclo de recitais Poetas Di(n)versos chega ao seu último trimestre cunha ambiciosa programación, na que volve reunir as mellores voces da poesía galega e internacional. Tres citas poéticas dobres que se suman ás actividades literarias postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para esta primavera —co día do Libro e as Letras Galegas como datas especiais—, e que rematan o ciclo ao que lle seguirá a habitual pausa estival (xullo, agosto e setembro) ata retomar os recitais mensuais novamente.

Nos vindeiros meses volverá ao Ágora o ciclo, dirixido pola poeta e Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, rematando a súa XV edición cunha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto con novas voces galegas. O primeiro dos encontros terá lugar este vindeiro luns 22, con Dinu Flamand e Lois Diéguez, dous veteranos autores chegados dende Transilvania e Lugo, achegando os seus versos e reflexionando sobre as resonancias sociais e políticas da poesía.

O mes próximo, o recital poético será o luns 27 de maio a cargo da afroamericana Rita Dove, gañadora do premio Pulitzer de poesía e laureada polo Congreso dos Deputados de EEUU; e o vigués Alberto Avendaño, xornalista e escritor fundador do Grupo Rompente. Porán fin a esta décimo quinta edición Andrea Cote e Lorena Condea, Pontevedresa e colombiana que chegarán ao Ágora o luns 10 de xuño para resignificar dende o corpo ata os espazos con toda a sutileza.

Todos os recitais terán lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora ás 20.00 horas, con entrada de balde ate completar capacidade. Retransmitiranse por streaming, editarase un folleto coleccionable sobre a obra dos autores e autoras e unha libraría de proximidade ofrecerá a posibilidade de adquirir os seus libros cunha sinatura orixinal estampada.

Relacionadas

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

As obras para ampliar a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que permitirán a creación...

0
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da...

Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As...

0
A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa...

Colisión dun turismo na rúa Estatuto de Galicia, no Concello de Boiro

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro participaron esta tarde nun operativo derivado por unha colisión dun turismo, na rúa...

Previsión cabalgata 2025 Miño

0
Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan a Miño. Comezarán pola mañá ás 10:30 horas a súa visita polas parroquias do municipio...

Modificacións cabalgata 2025 Camariñas

0
A cabalgata dos Reis Magos deste domingo, 5 de xaneiro, sufriu unhas pequenas modificacións para adaptarse ao mal tempo previsto. As recepcións reais na maior...

Publicacións Relacionadas