Free Porn
xbporn
Home A Coruña Unha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto a...

Unha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto a novas voces galegas pechan a XV edición de Poetas Di(n)versos

- Anuncio -

O terceiro e último trimestre de recitais comezará este luns 22 de abril, con Dinu Flamand e Lois Diéguez ás 20.00 horas no Ágora

Seguiranlle Rita Dove e Alberto Avendaño o 27 de maio e Andrea Cote e Lorena Conde o 10 de xuño

O ciclo de recitais Poetas Di(n)versos chega ao seu último trimestre cunha ambiciosa programación, na que volve reunir as mellores voces da poesía galega e internacional. Tres citas poéticas dobres que se suman ás actividades literarias postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para esta primavera —co día do Libro e as Letras Galegas como datas especiais—, e que rematan o ciclo ao que lle seguirá a habitual pausa estival (xullo, agosto e setembro) ata retomar os recitais mensuais novamente.

Nos vindeiros meses volverá ao Ágora o ciclo, dirixido pola poeta e Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, rematando a súa XV edición cunha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto con novas voces galegas. O primeiro dos encontros terá lugar este vindeiro luns 22, con Dinu Flamand e Lois Diéguez, dous veteranos autores chegados dende Transilvania e Lugo, achegando os seus versos e reflexionando sobre as resonancias sociais e políticas da poesía.

O mes próximo, o recital poético será o luns 27 de maio a cargo da afroamericana Rita Dove, gañadora do premio Pulitzer de poesía e laureada polo Congreso dos Deputados de EEUU; e o vigués Alberto Avendaño, xornalista e escritor fundador do Grupo Rompente. Porán fin a esta décimo quinta edición Andrea Cote e Lorena Condea, Pontevedresa e colombiana que chegarán ao Ágora o luns 10 de xuño para resignificar dende o corpo ata os espazos con toda a sutileza.

Todos os recitais terán lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora ás 20.00 horas, con entrada de balde ate completar capacidade. Retransmitiranse por streaming, editarase un folleto coleccionable sobre a obra dos autores e autoras e unha libraría de proximidade ofrecerá a posibilidade de adquirir os seus libros cunha sinatura orixinal estampada.

Relacionadas

Boqueixón instala un novo decantador na EDAR de Pousada para mellorar o servizo ao...

0
As obras supoñen un investimento de máis de 100.000 euros e estarán rematadas a finais de mes O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, visitou...

A Concellaría de Xuventude lanza o proxecto “Re-parándonos” para promover a economía circular entre...

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá nas próximas semanas un ciclo de obradoiros de reparación de obxectos que teñen como obxectivo promover a economía...

Aberta a inscrición nos talleres de memoria e “Mentes activas” para maiores ata cubrir...

0
A mediados de setembro, Neda retomaba os seus talleres de estimulación cognitiva. As actividades, destinadas a adestrar as habilidades cognitivas dos máis maiores do...

Inés Rey anima á cidadanía a participar desde hoxe na Semana da Prevención

0
Haberá exposición, talleres e visitas escolares ata o luns 7 A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu esta mañá ao Parque da Prevención, instalado desde...

Cariño celebrará a súa primeira Feira do Mel o sábado 12 de outubro

0
• Será no Mercado Municipal a partir das 10:30 horas. • Contará cunha gran variedade de postos con todo tipo de produtos, un sorteo e...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros para a mellora de medios e a...

0
O Goberno municipal aprobou tamén a nova ordenanza de Xestión, Recadación e Inspección, que simplifica e unifica os trámites e mellora a seguridade xurídica...

Publicacións Relacionadas