Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba 50.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para...

A Deputación aproba 50.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que Vilaboa realice obras no pavillón do Toural

- Anuncio -

A través deste plan distribuíronse xa preto de 1,4 millóns de euros entre 23 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar conceder unha achega de preto de 50.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ao Concello de Vilaboa para o proxecto de acondicionamento e renovación das instalacións no pavillón do Toural. Ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro deste Plan preto de 1,4 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas para 23 concellos da provincia. Desta maneira, ademais de Vilaboa, recibiron subvencións A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa.

O Concello de Vilaboa destinará os recursos da Deputación a obras de renovación neste pavillón polideportivo municipal construído no ano 1994. Na actualidade, o recinto atópase nun estado que non resulta axeitado para a correcta utilización por parte dos usuarios, debido á falta de auga quente nas duchas, así como o mal estado xeral dos revestimentos, a imposibilidade de illar certos treitos das instalacións en caso de mal funcionamento e as recentes filtracións de auga que se produciron a través dos paneis translúcidos da cuberta. Ademais, o sistema de iluminación interior non é eficiente.

Coas obras que se van acometer cos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas arranxaranse estas deficiencias con accións como a demolición e construción dunha nova cubrición parcial; a instalación dun novo armario para un cadro xeral de mando, de novos puntos de luz de emerxencia e reposición de tomas de enchufe en vestiarios e aseos; ou a instalación dunha porta de garaxe para labores de mantemento no interior da pista. Tamén se mellorarán as instalacións de auga e se instalarán dous equipos de aerotermia. No relativo aos aseos e vestiarios, substituirase o pavimento, pintaranse as paredes e dotaráselles de módulos de banco con respaldo, colgadoiro, altillo e zapateiro. Por último, substituirase a iluminación na pista deportiva e no exterior por luminarias LED de baixo consumo.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas