Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación arranca os concertos do programa provincial +Música este sábado, 11...

A Deputación arranca os concertos do programa provincial +Música este sábado, 11 de maio, co espectáculo de Treixadura en Vilaboa

- Anuncio -

O calendario inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o vindeiro mes de setembro

Este sábado, 11 de maio, bota a andar o programa provincial “+Música”, co que a Deputación de Pontevedra apoia a programación artística dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia poñendo á súa disposición un catálogo de grupos e solistas musicais profesionais que realizan os seus espectáculos en lingua galega, ou, no caso de formacións instrumentais, interpretan pezas de autoría galega. O obxectivo é contribuír á difusión e o fomento da cultura galega, promovendo a reputación da provincia como destino cultural.

Desta maneira, o calendario estréase este sábado 11 de maio coa actuación do grupo Treixadura no concello de Vilaboa. O concerto celébrase no marco da IX Mostra de Viño de Vilaboa e terá lugar ás 22:00 horas baixo o viaduto de Riomaior. Neste concerto Treixadura revisará a súa discografía, prestando especial atención ao seu último disco, “Camiño longo”, co que quixeron recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Este álbum é o rexistro dunha parte da vida compartido con todo o público da agrupación ao longo dos seus máis de 30 anos de carreira.

Entre este mes de maio e o de setembro están previstas un total de 59 actuacións nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 no mes de maio, 2 no mes de xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. En concreto, as próximas citas serán a de Francisco Castro & Banda dos Borges, o 17 de maio en Mos; a de Dakidarría, o 18 de maio en Bueu; a de Boyanka Kostova, o 19 de maio en Rodeiro; e a de Lucía Pérez, o 26 de maio en Portas. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas