Home Valdeorras A Veiga A Deputación colabora nun proxecto veciñal para recuperar o patrimonio material e...

A Deputación colabora nun proxecto veciñal para recuperar o patrimonio material e inmaterial do concello da Veiga

- Anuncio -

Manuel Baltar subliña que a Deputación “sempre está aberta a proxectos nacidos no territorio e cunha vocación de manter a identidade e recoñecer os recursos propios”. O presidente provincial valora que o Concello de A Veiga “sobresae nos últimos anos por iniciativas tan singulares como o Observatorio Económicos ou proxectos de dinamización do medio rural”

O alcalde Juan Anta destaca “o apoio permanente da Deputación” e como a colaboración institucional permitirá impulsar un traballo “caracterizado pola participación da veciñanza e por manterse no tempo grazas a un mapa que recollerá todos eses recursos”

A representante do proxecto, Araceli Macías -que iniciou a súa actividade grazas o Plan EmprendOU da Deputación de Ourense-, explica que o proxecto afonda no concepto de “participación cidadá que quedará reflectido neste traballo”. “Tocar o concello” tamén incluirá iniciativas coma unha oficina de asesoramento para iniciativas económicas e sociais

A Deputación de Ourense colaborará nun proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial do concello da Veiga, que desenvolverá a propia veciñanza coa axuda de técnicos en investigación. O presidente provincial, Manuel Baltar, comprometeu a axuda da institución logo de escoitar os detalles do proxecto que lle foi presentado polo alcalde, Juan Anta, e a educadora social Araceli Macías, en representación das tres entidades implicadas na única proposta galega seleccionada pola Fundación La Caixa na súa convocatoria para iniciativas de acción social no medio rural.

Manuel Baltar resalta o compromiso do goberno provincial co territorio ourensán e o traballo do Concello de A Veiga: “A Deputación sempre está aberta a proxectos como este, nacidos no territorio e cunha vocación de manter a identidade e recoñecer os recursos propios dunha parte tan importante desta provincia como é A Veiga, que nos últimos anos sobresae por iniciativas tan singulares como o Observatorio Astronómico ou cuestións tamén vencelladas coa dinamización do medio rural”. O presidente provincial felicita “ao alcalde, por suposto, pero sobre todo felicito a esta emprendedora, que ademais comezou a súa actividade grazas a unha axuda da Deputación de Ourense, o Plan Emprendou, que xestionamos coa axuda do Fondo Social Europeo”.

Juan Anta agradece “o apoio permanente do presidente da Deputación, que ten a visión necesaria para impulsar estes proxectos, a capacidade máis importante no eido político”. Para o alcalde da Veiga, a colaboración institucional permitirá impulsar un traballo “que vai destacar pola participación da veciñanza e por manterse no tempo grazas a un mapa que recollerá todos eses recursos materiais e inmateriais”.

Araceli Macías trasladou ao presidente provincial os aspectos básicos dunha iniciativa que inclúe no seu título a expresión “Tocar o Concello”, en referencia á convocatoria que a través das campás da igrexa se facía á veciñanza para falar das necesidades do pobo e tomar decisións, “unha práctica de participación cidadá que agora tamén quedará reflectida neste traballo”.

Investigación, asesoramento e exposición dos resultados

A investigación, que se prolongará durante un ano, consta de varias actividades. O punto de partida será a constitución dun grupo de veciñas e veciños da Veiga que, acompañados por persoal técnico, realizará unha investigación sobre os recursos materiais e inmateriais do territorio que eles mesmos decidirán (contos, lendas, roteiros, etc…), recursos que unha ilustradora deixará plasmados nun mapa do municipio.

En paralelo porase en marcha unha oficina de asesoramento, que non terá un espazo físico fixo, destinado a prestar axuda a todas aquelas persoas que desexen desenvolver unha iniciativa económica ou social na Veiga. E, xa cara o remate do ano, organizarase unha actividade onde se exporán os resultados desta investigación e o mapa co patrimonio material e inmaterial do concello, non só para dalo a coñecer a toda a veciñanza senón tamén para outras institucións ou entidades interesadas en iniciativas como esta.

Co título completo de “Tocar o Concello. Un proceso de imaxinación comunitaria na Veiga”, o proxecto conta axuda da Fundación La Caixa, a través da convocatoria de iniciativas de acción social no medio rural, o cofinanciamento da Deputación de Ourense, e a participación de dúas sociedades cooperativas, Feitoría e Outonía, e da asociación Otra Escuela.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas