Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará cos empresarios da área industrial do Carballiño para potenciar...

A Deputación colaborará cos empresarios da área industrial do Carballiño para potenciar a asociación e a prestación de servizos

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, comprometeu esta cooperación nun encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da asociación de empresarios esta área industrial, encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda

Luis Menor lembrou que o pulo ao desenvolvemento dos espazos empresariais na provincia forma parte dos compromisos adquiridos no seu discurso de investidura, “estratexia que encaixa perfectamente cun dos polos de emprego máis importantes da provincia”

A Deputación de Ourense colaborará cos empresarios da área industrial da Uceira, no Carballiño, para potenciar o asociacionismo e facilitar a prestación de servizos ás firmas instaladas no parque empresarial.

O presidente da Deputación, Luis Menor, comprometeu esta cooperación no transcurso do encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño, encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda, que estivo acompañado por Daniel Atanes, membro da xunta directiva.
Os representantes da asociación explicaron a Luis Menor a realidade dun parque empresarial que acolle na actualidade a 57 empresas, con 1.400 traballadores e unha facturación do entorno dos 300 millóns de euros anuais.

Na entrevista tamén se expuxeron as necesidades que teñen os empresarios instalados neste espazo, tanto en cuestións que son competencia doutras administracións como aspectos nos que pode colaborar a Deputación.

Luis Menor lembrou que o pulo ao desenvolvemento das áreas industriais na provincia forma parte dos compromisos adquiridos no seu discurso de investidura como presidente provincial, “estratexia que encaixa perfectamente cun dos polos de emprego máis importantes da provincia”.

O fomento do asociacionismo, engadiu, tamén redundará “na prestación de máis e mellores servizos aos empresarios da Uceira, fortalecendo este pulmón industrial que xera riqueza, emprego e mantén poboación na comarca”.

Relacionadas

Os deputados populares denuncian que o Goberno socialista segue sen finalizar o proxecto de...

0
• En febreiro de 2023 o Goberno, afirmou que “a data de finalización prevista para este proxecto de construción é durante o ano 2023”...

O Concello reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 10 novos...

0
O Concello de Ourense reforza o servizo de prevención e extinción de incendios coa incorporación de 10 novos bombeiros condutores. O alcalde de Ourense,...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

A Deputación pon á disposición dos concellos da provincia os 8 millóns de euros...

0
As bases da convocatoria publicáronse este martes no Boletín Oficial da Provincia e os concellos beneficiarios teñen un prazo de 3 meses a partir...

A Deputación abre o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes...

0
O prazo para presentar solicitudes estará aberto durante un mes e permitirá aos concellos levar a cabo actuacións de construción ou mellora de infraestruturas...

A Deputación recibe en Areeiro a investigadores portugueses que están a afondar xunto coa...

0
O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, recibiu á delegación do Instituto Politécnico de Leiria que acudiu ao centro provincial con mostras para...

Publicacións Relacionadas