A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 10 de setembro, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 21 propostas de acordo presentadas polos servizos de Licenzas (4), Patrimonio (2), Rehabilitación (1), Contratación (1), Participación Cidadá (1) e Avogacía consistorial (12).
Licenzas (4). Resolverá as solicitudes de licenzas de obra para a rehabilitación dun edificio para vivendas na rúa Pizarro; para a instalación dun ascensor nun inmoble da rúa Recanto da Mapoula; e para a rehabilitación enerxética, mellora da accesibilidade e a reforma interior dunha unifamiliar na rúa da Nogueira. Tamén tratará o expediente de declaración de caducidade dunha licenza de obra.
Patrimonio (2). Dará conta dunha reclamación de responsabilidade patrimonial por unha caída na rúa e dun expediente de recuperación de oficio dos danos causados por un vehículo.
Rehabilitación (1). Analizará a proposta de denegación dunha subvención
Contratación (1). Acordará, se procede, a prórroga do contrato do servizo de mantemento e soporte técnico da plataforma de licitación electrónica do Concello.
Participación Cidadá (1). Aprobará, se procede, as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións veciñais para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal e da participación cidadá no concello.
Avogacía consistorial (12). Dará conta de 2 sentenzas e 1 auto do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense, e será informada de que o Concello deberá compareceren diante dos tribunais de instancia do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2, en 9 procedementos abreviados.

