O Concello organiza unha nova edición do programa de actividades infantís dos centros cívicos

Redacción

As familias interesadas poden consultar xa as propostas e realizar a inscrición a partir do 14 de setembro

O Concello de Ourense pon en marcha o programa de actividades para nenos e nenas dos centros cívicos municipais para o curso 2026/2027. Comezarán o 1 de outubro e poderán participar escolares de Educación Infantil e Primaria empadroados no Concello de Ourense.

As familias interesadas poden consultar xa a relación de propostas na páxina web actividades.ourense.gal, onde poderán realizar a inscrición desde o luns, 14 de setembro, ás 9.00 horas. O prazo permanecerá aberto ata cubrir prazas. Desenvolveranse nos centros cívicos da rúa Colón, A Cuña (rúa Doutor Peña Rey), A Ponte (Eulogio Gómez Franqueira), As Termas (Praza 200) e Seixalbo (rúa Estreita), con dúas modalidades:

  • Actividades semanais: de luns a xoves, de 18.00 a 19.30 horas, para nenos e nenas nacidos entre os anos 2017 e 2023.
  • Actividades os sábados: de 11.00 a 12.30 horas, para nenos e nenas dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria.

Ademais, no Centro Cívico da rúa Colón haberá apoio escolar para escolares desde 5º de Primaria a 2º de ESO, os martes, mércores e xoves, de 16.00 a 17.30 horas. Neste caso, a admisión confirmarase telefonicamente unha vez organizado o grupo.

Comparte este artigo