Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede 20.000 euros ao Concello de Lalín para mellorar os...

A Deputación concede 20.000 euros ao Concello de Lalín para mellorar os accesos ao Lalín Arena

- Anuncio -

A estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outros 30.000  euros do mesmo plan para adquirir dúas pantallas LED e un elevador portátil de acceso ao interior dos vasos da piscina do Lalín Arena

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas mobilizou xa máis de 1,2 millóns de euros entre 21 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de 20.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Lalín, que lle permitirá reparar as ramplas e accesos do Lalín Arena. En total, a institución provincial ten destinado este ano á mellora deste espazo 50.000 euros, xa que aos recursos que acaban de ser comprometidos hai que engadir outros 30.000 euros do mesmo plan aprobados hai unhas semanas para adquirir dúas pantallas LED e un elevador portátil de acceso ao interior dos vasos da piscina.

O Concello de Lalín dedicará esta nova achega do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ao acondicionamento e mellora das ramplas de acceso do Lalín Arena. Desta maneira, repararase a rampla desde a avenida de Xosé Cuiña, para o que será necesario picar totalmente o formigón impreso, que se atopa solto, substituír o sumidoiro de evacuación de pluviais e, entre outras tarefas, impermeabilizar. Tamén no exterior será preciso abrir un novo oco na parede existente, debido ás obras de reurbanización da rúa. Ademais, no interior, actuarase nas humidades que están a aparecer no reverso das duchas, facendo unha limpeza completa do soporte e aplicando unha pintura de poliuretano.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou máis de 1,2 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Lalín para A Cañiza, Arbo, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Fornelos de Montes, Marín, Moraña, Meis, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas e Vilagarcía.

Partido da selección española masculina de balonmán no Lalín Arena

No marco do firme compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte e coa organización de grandes probas deportivas na provincia, a institución provincial levará ata o Lalín Arena un partido internacional da selección de balonmán masculina. Trala vitoria das Guerreiras ante Acerbaixán do pasado domingo no Porriño, nun partido tamén patrocinado pola Deputación de Pontevedra, o vindeiro 8 de maio será a quenda dos Hispanos, que disputarán en Lalín un partido contra Serbia, no choque de ida dunha eliminataria na que estará en xogo o billete para o Campionato do Mundo masculino do próximo 2025.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas