O deputado provincial Jorge Pumar participou hoxe no Comité das Rexións, o Cumio Europeo de Autoridades Locais Intermedias, no cal se adoptou a Declaración de Belliard que reclama que o recoñecemento destas entidades no deseño, gobernanza e orientación estratéxica dos programas europeos
O deputado provincial Jorge Pumar asiste, en Bruxelas no Comité das Rexións, ó Cumio Europeo de Autoridades Locais Intermedias no que se reivindica o papel que deben exercer os gobernos locais intermedios na xestión directa dos futuros fondos de cohesión da UE.
Un encontro no que se deron cita numerosos representantes de deputacións e concellos españois e europeos, así como eurodeputados da comisión de Desenvolvemento Rexional (REGI). O obxectivo prioritario foi reivindicar o papel estratéxico das institucións provinciais e gobernos intermedios na canalización das axudas comunitarias.
No marco desta xornada, na que se incluíron diversas mesas redondas con exemplos prácticos de como as autoridades intermedias optimizan a absorción de fondos, adoptouse a Declaración de Belliard. Este documento reafirma que a política de cohesión é unha ferramenta esencial para corrixir as disparidades territoriais e esixe o pleno recoñecemento institucional destas entidades no deseño, gobernanza e orientación estratéxica dos futuros programas europeos.
A Declaración de Belliard recolle explicitamente a reclamación de que estas institucións poidan asumir a xestión directa dunha parte definida dos fondos de cohesión a partir de 2027, dado que as deputacións teñen nunha posición privilexiada para identificar as iniciativas máis urxentes en cada territorio, sendo un piar indispensable para apoiar aos pequenos e medianos concellos.

