A Deputación destina 275.000 € para promocionar a provincia a través dun stand en feiras turísticas durante os próximos catro anos

adminON
Lectura mínima de 1

A través desta actuación a institución provincial pretende difundir a provincia e potenciala como destino turístico

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar por valor de 275.000 euros o contrato para que Turismo Rías Baixas promocione a provincia a través da súa participación, con espazo propio, en feiras de turismo e certames durante os próximos catro anos. Neste 2024, a institución destinará a esta actuación 83.300 euros.

A través desta actividade promocional, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, “o noso obxectivo é difundir os produtos, experiencias, recursos e servizos turísticos da provincia, así como potenciala como destino turístico a nivel nacional e internacional e servir de canle de intermediación para favorecer as relacións comerciais dos profesionais do sector turístico”.

Deste xeito, ao longo do 2024, está previsto que a Deputación de Pontevedra conte cun espazo propio en eventos como o Forum Gastronómico (A Coruña, do 7 ao 9 de abril), Turexpo Galicia (Silleda, do 30 de maio ao 2 de xuño), Termatalia (Ourense, no mes de novembro), Etiqueta Negra (Pontevedra, do 9 ao 11 de novembro) e, entre outras, Fairway (novembro).

Comparte este artigo