Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina máis de 500.000 euros a financiar proxectos de benestar...

A Deputación destina máis de 500.000 euros a financiar proxectos de benestar social e cooperación para o desenvolvemento

- Anuncio -

470.000 € permitirán a entidades sen ánimo de lucro realizar actuacións centradas nos colectivos vulnerables e 45.000 € estarán dirixidos a financiar proxectos en países empobrecidos

Pazo provincial, 9 de febreiro de 2024. O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe dúas novas liñas de subvencións en materia de benestar social, cun orzamento total de 515.000 euros. Por unha banda, trátase de subvencións para que entidades sen ánimo de lucro poidan realizar actuacións centradas nos colectivos que precisan apoio desde o punto de vista social, dotadas con 470.000 euros. E, pola outra, dunha liña de subvencións de cooperación ao desenvolvemento dirixidas a ONGD e dotada con 45.000 euros.

No que respecta ás primeiras axudas cada entidade poderá recibir un máximo de 7.000 euros. Con estes recursos poderán financiar actividades e iniciativas para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas que, como explicou o presidente provincial Luis López, “polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social”. Só se concederá unha subvención por entidade e o prazo para solicitar estas subvencións abrirá o vindeiro venres, 16 de febreiro.

No que respecta ás segundas, as axudas a ONGD para cooperación ao desenvolvemento, subvencionarase un total de tres proxectos, cun máximo de 15.000 euros cada un deles. Teñen que ser proxectos de cooperación en países empobrecidos que contribúan á erradicación da pobreza, á igualdade de xénero, á defensa da sostibilidade ambiental e loita contra o cambio climático, ao enfoque baseado en dereitos humanos, ao respecto pola diversidade cultural e a promoción da interculturalidade, á loita contra as desigualdades e á participación cidadá e ao fortalecemento institucional e da sociedade civil.

Terán prioridade os desenvolvidos nalgúns dos once países considerados xeograficamente estratéxicos da África Subsahariana (Cabo Verde-Guinea-Bissau e Mozambique), América Central (Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador), América do Sur (Bolivia, Ecuador e Perú) e Caribe (República Dominicana). Ademais daqueles nos que a cooperación galega xere capacidades na atención a poboacións refuxiadas e desprazadas e aos países afectados por conflitos ou crises humanitarias; así como daqueles nos que a cooperación galega demostrase unha ampla experiencia de traballo, e os considerados países menos adiantados ou cun índice de desenvolvemento humano baixo. Neste caso, o prazo para solicitar as axudas abrirá o vindeiro luns 19 de febreiro.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas