Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás co proxecto...

A Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás co proxecto “AcelerOU”

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño, presentou hoxe os detalles desta nova iniciativa que ten como obxectivo “apoiar ás nosas pemes, autónomos e emprendedores no seu proceso de dixitalización contribuíndo a mellorar a súa competitividade”

Para prestar este servizo de sensibilización, asesoría personalizada e apoio en materia de dixitalización contarase con dúas oficinas físicas permanentes (no Pazo Provincial e no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo), cunha oficina física itinerante e cunha oficina virtual

Enmárcase no programa “Acelera Pyme” do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025, e que está financiado pola Unión Europea- Next Generation EU

A Deputación de Ourense impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás a través do proxecto “AcelerOU” que presentou hoxe no Pazo Provincial, o presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño.

Trátase dun proxecto que se pon en marcha no marco do programa “Acelera Pyme”, unha iniciativa do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e desenrolado por Red.es, que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

A Deputación de Ourense presentou a este programa o proxecto “AcelerOU” co obxectivo de “apoiar ás nosas pemes, autónomos e emprendedores no seu proceso de dixitalización contribuíndo a mellorar a súa competitividade”, explicou Luis Menor.
Un proxecto que, como explicou o presidente provincial, será “fundamental para Ourense xa que, o tecido empresarial no noso territorio está formado principalmente por pemes e autónomos, nun entorno eminentemente rural e cun nivel de dixitalización baixo”.
Para prestar este servizo de sensibilización, asesoría personalizada e apoio en materia de dixitalización aos futuros usuarios, a Deputación disporá de catro oficinas: dúas oficinas físicas permanentes que estarán ubicadas no Pazo Provincial e no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo; unha oficina física itinerante con estancias semanais nos municipios da provincia, e unha oficina virtual que ofrecerá a todos os usuarios a posibilidade de beneficiarse de todos os servizos da Oficina Acelera Pyme de forma online.

Este servizo inclúe, ademais da propia axuda e asesoramento, a “tramitación de axudas para captar financiamento para poder desenvolver os seus proxectos a través de programas estatais, como “Kit Consulting” e “Kit Digital”, polos que as empresas de ata 250 empregados poderán dispoñer de axudas que van desde os 3.000 ata os 29.000 euros”, explicou Marcos Valiño.

O proceso sería o seguinte: o usuario contacta coa Deputación a través das diferentes oficinas dispoñibles, analízase o seu caso para realizar unha análise e diagnóstico do mesmo en canto a dixitalización e en base a este, elabórase un plan de acción que guíe ao usuario nese proceso de dixitalización.

Actividades complementarias

A maiores, como complemento a estas oficinas, organizaranse 42 xornadas, obradoiros e seminarios de sensibilización e apoio sobre tecnoloxías dixitais; 7 talleres teórico-prácticos sobre as axudas de financiamento á dixitalización existentes; sesións de networking para formalizar acordos de colaboración; incluirase na web perfís de demanda tecnolóxica e outros de oferta tecnolóxica para facilitar o encontro entre eles, entre outras actividades que se irán anunciando en cada momento.

Relacionadas

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un...

0
Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos...

Luis Menor reivindica o papel da Deputación na colaboración coa Xunta, coa achega de...

0
O Goberno ourensán é a única Deputación que financia este plan, que tamén se estenderá ao resto de Galicia, e a provincia que terá...

Luisa Sánchez participa na presentación de equipos da A.D. Carballal

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación dos equipos da A.D. Carballal que competirán nesta temporada 2024/2025. Sánchez...

Luis López enxalza a forza do tecido veciñal da provincia ante máis de medio...

0
O presidente provincial participa nun encontro con centos de persoas integrantes de asociacións veciñais de Poio e da contorna nunha actividade lúdica cunha charla...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na sexta ruta ornitolóxica de...

0
A ruta, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife, terá lugar o 29 de setembro e permitirá observar aves na contorna dos campos e...

A Deputación pon en valor a figura da raíña Urraca I, “esquecida pola historia...

0
Sandra Bastos: “É importante descubrir mulleres como ela, a primeira muller monarca en toda Europa en exercer un reinado de pleno dereito, cuxo poder...

Publicacións Relacionadas